| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Paisano ¿qué che pasou?

Fai uns días que me enterei, de que o señor presidente Zapateiro, fixo unha colección de homes e mulleres moi inteligentes deses que lles chaman intelectuales ou sabios, para facer o estudo do programa que vai levar na campaña das novas eleccións para axuntados todos ge digan ca é o mellor para ganar as eleccións e seguir gobernando. Segundo comentan son mulleres e homes, como non podía ser doutra maneira, pero todos moi inteligentes.

Esto fainos pensar que nesta terra non ós hai, e polo tanto tampouco no partido socialista. Claro que o que ven de fora sempre o temos por mellor co noso. Si esto fora certo é, que quedou o señor presidente moi desencantado daquel grupo que xuntou para que fixeran un estudo sobor da televisión española, recordan, eu xa non me recordo nin dos nomes, por elo xa os apartou. Pero tamén penso nos outros expertos que non lle foron tan mal, aqueles que encabezaba ou presidía o señor Mayor Zaragoza, sobre a desfeita do Museo Histórico de Salamanca. Dende logo non debeu quedar contento o señor con Z como se din agora os seus rapaces.

Pero coido que teñen que estar moi cabreados os rapaces por que o señor Zapateiro, non contou con eles ni para mexar, perdóenme, é un acto fisiolóxico, aínda que non esta ben dicilo, temos por caso o meu paisano don Xosé Blanco, que mais que blanco, debe estar negro, xa que non e intelectual. O mesmo lle pasará o Diego Garrido e outros e outras das de cupo. Preguntaranse como é que eles e elas que fixeron todo traballo nestes anos, non contan para o xefe, facendo tan ben como o fixeron.

Pero de verdade que eu o sinto polo meu paisano, que tanta cara ten para poñela polo xefe, e que cando hai que decir negro el di blanco ou o rebes, e que tanto lle da con tal de defender o seu pan, que é o do xefe.

Pepiño, paisano, como o xefe non gañe con estos sabios, cágate en Pilatos e que te leve con él, pois pode que xa teña votado o ollo a algo que o manteña ben sin ir a dar escola. Si ti acabarala carreira aínda que fora por libre, podían considerarte un intelectual e estar no grupo dos 14. Pero escóitame, eu coido que ti eres mais sabio, listo e intelectual que moitos deles, sen ser premio Nobel, eres unha abella.

21/11/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad