|
A
fartura
A
fartura mal levada, lévanos a grandes vicios; dicía meu avó. Hoxe
non faimos mais que queixarnos dos problemas que teñen os rapaces
co as drogas, alcohol, as borracheras, o botellón, os comas etílicos,
polos que pasan rapaces e rapazas cada vez mais novos. Pedimos os
gobernantes que tomen medidas para parar esta desfeita, non da xuventude
con cabeza que poida tomar un coñac, un viño, unha cervexa, un cubata,
un whisky ou un ponche, pero si da nosa rapazada cada vez con menos
anos que se queren sentir borrachos, nas festas ou nos fin semana
neses botellóns ou macro botellóns, que todos vemos con desacordo
pero non poñemos nada da nosa parte, para que non sexa así cada
festa ou fin de sema.
Xa podía un de nos, cando eramos estudiantes emborracharse, pois
dende os profesores a nosos pais, eramos reprendidos con unhas labazadas
que non nos quedaban mais gañas de volver a facelo. Non quero decir
con esto que foramos uns santos, e que non se bebera, pero non o
desmadre de hoxe, con estes crios.
Pero como hoxe a sociedade esta feita por aqueles pais e avós que
neutros tempos non tiñeron a sorte de ter fartura queren ahora que
a teñen que os seus fillos non pasen o que eles pasaron, esto é
o que sempre escoitas, e por elo conséntenlle todo os fillos ou
netos a maioría, e cando outros pais queren reprendelos, os nenos
o primeiro que fan, é decirle que os pais de seus amigos deixan
saír o seus fillos, e que él, polo seu pai, e un dictador. Mais
ahora con todas esas leis de dereitos do menor e protección dos
mesmos, enchémonos de ver desgracias de mortes e veremos que esos
nenos son carne de alcohólicos que os deixara tirados e sen emprego
polos camiños.
Si a economía dos pais permite alimentalos, calzalos, vestilos,
educalos, darlle un oficio, unha colocación ou estudos, debe permitirlle
tamén poñer da súa parte certas reglas, normas ou restricións os
fillos. Xa que os dereitos dos pais, teñen que ser respetados tamén
polas obrigas dos fillos, e ahí e donde está o xogo do equilibro
dos dereitos de ambos. Non se pode deixar que os pais teñan que
tragar todo o que eles queiran. A disciplina dentro dun orde, hai
que tela nunha familia para que esta funcione ben, e non deixar
que os rapaces dominen o fogar familiar e haxa que lamentar desgracias,
ou cando xa son uns mocetes, que se revelen e queiran ser independentes,
pero cos cartos dos pais, e ter a nai de planchadora e lavadora.
E inda cando eles traballen e gañen cartos, pois mais desgracia
é cando nin estudian nin traballan e son aínda uns merdeiros con
pretensións de ricos mimados pola fartura que ven na casa, e que
os pais non lle souberon inculcar que, aquilo conséguese con esforzo
e traballo. Pero como os compañeiros teñen coche, moto ou quad,
porqué non a de ter o noso fillo se nos podemos darllo o mesmo.
Despois cando chegan as desgracias, por alcohol, drogas ou accidentes,
enterámonos do que sucedía e nos sin sabelo. ¡Pero se o meu rapaz/a,
non bebía, non fumaba, non se drogaba, e non foŠ!
27/11/07
 |
|