|
¡MIRA
POR ONDE!
Non
sei se chorar ou rir. Enterado polos medios da información de que
en Bali, país asiático se reunían un mundo de xente de diferentes
países do mundo para tratar do quentamento global do planeta, quedei
abraiado ca nova de que a miña nora non sei se quedara sin a vaca
marela, por certo, a única que xa hay na aldea onde vive, e que
dá unha de leite de moi señor meu.
O
conto é, que me puxen a ler e o primeiro foi que, os participantes
da xuntanza na cidade asiática de Bali, xeneran tanto CO2 como 20.000
coches nun ano. Din que van a loitar contra o "Cambio Climático"
que se está xenerando.
Créese
que chegaran 10.000 persoas das distintas delegación a esa Cumbre,
pero a chegada destas delegacións producese a mayoría en jets privados,
que sumado o gasto enerxético que supón a súa estadía, desprazamentos
desde Yakarta o lugar de reunión, habitacións climatizadas e un
longo etcétera
Din
os científicos que, cada delegación producirá 4.07 toneladas de
CO2. E que Indonesia pretende plantar 79 millóns de arbores pa contrarrestar
parte dos efectos. Outros científicos din que estas xuntanzas son
feitos simbólicos, que non teñen en realidade efecto de loita contra
cambeo climático que pretenden difundir os da cumbre. Pero xa quedei
flipado, como di o meu neto, cando din que a ONU recorda que as
vacas emiten mais gases de efecto invernadoiro que o transporte
público. O gando contribuíu a este efecto mais que o transporte
mundial, segundo recorda Judy Arreche-Carr, directora de la Society
for Information Management, nunha conferencia nas Nacións Unidas;
onde fai referencia a un informe publicado en novembro de 2006,
que sinalaba o gando como un dos contribuíntes mais significativos
o quentamento, co equivalente o 18% das emisións de CO2, E dun informe
da FAO.
A longa
sombra do gando, inda que non é este o gas que emiten as vacas,
son responsables do 65% do óxido nitroso que emiten as industrias.
É un gas con un potencial de quentamento 296 veces a do CO2, inda
que a cantidade é moi inferior. Pero eu sinto pola vaca marela.
Son capaces de matar as vacas polas cagadas e os cheiros .
11/12/07
|