| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

O falar non ten cancelas

O meu nome parece que vai acordo con nome de artigo. A min gústame falar, pero sempre daqueles que, hoxe din unha cousa e mañá outra, ou fan igual do que critican dos demais. No que ahora nos importa, e donde temos que ver a sabedoría do pobo, que sempre apóiase nos refráns, para dar a coñecer certas situacións. Pero donde se lle pode axeitar estes refráns con máis acerto é, a os políticos que falan dos contrarios, do que fan mal, e cando eles chegan o poder aquilo que criticaban olvidouselle, e eles, se cuadra fano peor. Recordemos cales son. "Unha cousa é predicar e outra é dar trigo".

Pero aquí tamén nos ven a conto aquel outro de "Fai o que eu digo e non o que eu fago". Aínda temos o que máis se achega a esta clase especial de políticos que temos ahora, que cando non están no poder falan e falan do mal que o fan os outros. Cando eles teñen o poder non lles importa nada, e vale aquel "predica meu frade que por un oído me entra e por outro me sae" Ven esto a conto, das criticas que fai a CIG, do bipartito, que nos anos que leva de Goberno, dous, aumentou en grande número máis de altos cargos, que na do PP, ou sexa de Fraga, e non digamos de xefes de servicio e persoal de confianza. Non se pode dicir que sexa ilegal, pero cando eles estaban na oposición BNG e PSOE, falaban de rebaixar gastos que so eran para pagar dadivas políticas e favores a amigos. Coido que se sigue caendo nos erros dos gobernos do pasado. Tamén CCOO sindicato non achegado o PP, critica a Xunta bipartita, por non aniquilar e seguir as vellas practicas do Goberno dos Populares, con fundacións, sociedades públicas ou mixtas e padroados, senón que, afirman que estas se están multiplicando. En realidade dos 1.1334, postos de libre designación, no tempo de o señor Fraga, pasouse en dous anos a 1.481 segundo o recoñece a Conselleria de Presidencia. E a 2.000, segundo a GIG.

¿Onde está o compromiso electoral de rebaixar estas prácticas? ¿Vai nas verzas po caldo? Que ben é dicir o dos refráns: "fai o que digo e non o que eu fago" ou o outro "Una cousa é predicar e outra dar trigo" Pero nos debiamos dicir "predica meu frade que por un oído me entra e por outro me sae" Pero como somos así de parvos, creemos que os paxaros maman, e creémoslle todo, cando nos piden o voto.

30/07/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad