| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Meu Deus, que desjoberno!

Éste non é goberno, é un desjoberno, como din na península onde vivo. Escomenzan dicindo que íbamos a estar mellor, e se por un lado nos din que comamos coello, pa frear a inflación, sin contarnos cos médicos no recomendan, polo do ácido úrico. Lárgannos que conxelemos os soldos, sen ter para comprar un conxelador ¡Que carallada! O de comer coello fora do que poidan decir os médicos, ten un problema "jrabe" que, se comes moito ou abusas de comelo, cómo a carne é mais barata, pode suceder que se abuse na alimentación diaria, como lle aconteceu a un veciño meu, que de tanto comer coellos, tivo que a súa muller levalo o medico, pois de cando en vez e cada vez con menos espazo de tempo daba brincos. O medico despois de ollalo e ver que facía o dos brinquiños. Preguntoulle a muller que era o que comía con mais frecuencia. Contestándolle a muller, que coello. Estrañoulle o medico que, quedou pensando un tempo, pero preguntoulle de novo, que era o que mellor comía do coello. A muller díxolle que o cadril. O medico dou un salto, parecía que imitaba o Manuel, e dixo aí está o caso, comer coello. Que non coma a cabeza que lle pode medrar, como lle sucede a algúns que xa non pensan, e de cadriles e mans, que nin as probe, pois pode acostumbrarse a metela onde non debe e saltar máis e para moi lonxe. Que coma o corpo.

Pero para que non incremente o IPC, o desjoberno quer responsabilizarnos os cidadanías. Primeiro foi o gordiño, que nos chama "tontos" que non "hemos interiorizado el euro", ou sexa que somos moi burros e que non entramos no euro, que inda xogamos como se foran pesetas, e deixamos moita propina por non coñecer o valor desta moeda, o euro. Eu diríalle que esto non e certo. Xa que teño un sobriño de camarero, e cando eran as pesetas sacaba das propinas un sobresoldo, e cos euros, anda ca escoba por si algunha moeda caeu o solo, salvo cando hai algún con cartos que deixa cinco ou des céntimos de euro e so xa manda truco.

Despois ven, quen xa non e tan Bambi, e menos amigo de Tambor, aquel coelliño co que xogaba no bosque animado, agora quere que o comamos. Tamén cuestiona a nosa capacidade de consumidores o propoñer que se cree un "observatorio" de prezos pa que os "borricos" dos cidadáns se enteren que os alimentos suben un seis por cento anual. O que supón dous puntos por riba do IPC.

Zapatero toma café por ochenta céntimos de euro, e deixa propina como para un chocolate con churros, como tal español que "non está interiorizado no euro. ¡Manda raio!

17/12/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad