|
Adeus
Pepe
Nunha
idade nova para a media de idade que hoxe alcanza o home, levoute
a donna da gadaña, cando inda tiñas moito que facer pola túa terra,
xa non digo pola túa familia. Naciches con ese amor a Galicia, que
sempre defendiches, xa cas túas raíces estaban moi fondas na nosa
terra. Coñecémonos e tratámonos mohito, con amigos comúns nunha
época moi bonita da política, que inda vindo do franquismo chegamos
a UCD, con unhas ganas de facer algo diferente. Eu quedeime no camiño,
indo por outros vieiros da tamén política, inda que non activa,
e ti seguiches loitando para intentar darlle a esta terra galega
que nos veu nacer e criar, a categoría que merecía e lle pertencía
por dereito.
Pero na política activa as envexas son moitas e sempre dos que queren
medrar non por si mesmos, senón a conta dos demais. Detractores
hainos a mazo. E sempre son aqueles que, non fan nada e non se atreven
a facelo, pero critican as decisións de quen as toma. Tí, meu amigo
e compañeiro, pasaches por moitos postos dentro da política de partido
e en todos quedou a túa pegada para ben, inda quen haxa que poña
trabas o teu bo facer. Cortáronche o camiño o cumio, quen menos
debían facelo, pero a historia verdadeira do teu traballo por Galicia,
como político xa está na historia desta nosa terra, e co tempo saberanse
cousas, meu querido Pepe, pois xa dende este momento que escribo
estas liñas, xa eres unha paxina na historia política de Galicia,
como a bandeira da terra que tiñas na cabeza do teu cadaleito.
Os teus amigos de verdade, inda que alguna vez berraramos por difrencias
nos feitos, sentimos que nos deixaras tan cedo, pero para decir
a verdade algúns, igual que a túa familia, pensamos que resistirías
este envite. Pero fúcheste en data señalada, houbo quen creu que
era unha inocentada, inda que moi macabra, era mellor que así fora.
Moito nos recordaremos de ti. Adeus Pepe, descansa en paz.
02/01/08
 |
|