|
Tres
cousas
Como
comezo do ano 2008, desexarlle a todos galegos, españois, os que
me leen ou non, un verdadeiro ano novo, cheo de salude, paz, felicidade,
e moita cabeciña neste ano que comeza. Cos Reis Magos de Oriente
deixarannos sentidito para facer as cousas ben todo ano.
Primeiramente felicitar a Súa Maxestade Don Juan Carlos I, o Rei
de España no setenta cumple anos. Xa o fixeron moitos persoeiros
de distintas actividades en nome seu e coido que dos compañeiros,
empresarios, políticos, da cultura e as letras. E eu fago no meu
nome e de todos aqueles que como eu somos do pobo llano e simple,
que queiran acompañarme nesta felicitación. Tiven a sorte de coñecelo
en persona cando estaba en Marín, na Escuela Naval, pois case somos
da mesma quinta, e tamén cando xa foi Rei. En nome de tos que queiran,
dese pobo que xa dicen e no meu. Maxestade moitas felicidades e
que cumpla moitos mais, e nos que o vexamos.
Sobor do día da concentración da familia en Madrid, non entendo
a estes católicos socialistas que tanto se cabrean e se poñen a
despotricar contra os cardinais, bispos e organización de FEF.
¡Este señor D. Miguel Ángel Fernández!, coordinador en Galiza do
conxunto cristián socialista do PSOE, dalle ánimos a todas persoas
que sexan cristiáns, a non seguir o rumbo que "está tomando
la Iglesia Católica en España" ¡Ten uns ovos¡ A este home en
Sarria, co frío, conxeláronselle as ideas e outra cousa. ¡Mira que
decir que!, "Šno amor cristián ten capacidade para coller no
seu seo os valores positivos presentes no cambio cultural, tales
como a liberdade do amorŠ" e tamén di que este grupo comparte
as políticas "levadas a cabo nesta legislatura...a educación
dos nosos fillos na cidadanía activa" Ou sexa, que para él
como cristián, está fenomenal que, os seus amigos lle eduquen os
seus fillos, que se casen os gais e lesbianas, por parellas do mesmo
xénero, cos abortos sigan fora das normas establecidas, e que estas
se amplíen, que eutanasia non se chame así, pero que sexa o mesmo,
quitar os vellos do medio, a economía este jodida, os intereses
luz, teléfono gas, pan leite suban. ¡Moi ben Mijeliño! Estás casi
como Don Francisco, inda que da Coruña, non o finado do Ferrol,
se non o Embaixador Vázquez, que templa mellor gaitas que Don Manuel,
e o da relixión como católico, apostólico e romano, coido, e non
so por estar en Roma, tamén fala pa feira segundo lle vai nela,
cousa que sempre soubo facer, eso ten o seu merito, pois de parvo
non ten un pelo, inda ca nariz non sei si lle crecera como a de
Pinocho.
E
para rematar acábome de enterar que o finado señor Castelao, non
pertenece a súa política, cultural e demais, os galegos, é patrimonio
dunha formación política moi "granítica" chamada o Bloque
Nacionalista Galego (BNG), segundo dixo en Rianxo o seu xefe neste
intre, Anxo Quintan, que de Anxo ten ben pouco, deberanlle poñer
outro nome, que asegura que o BNG "é a obra viva de Castelao"
e o PSOE replícalle que o escritor" non é patrimonio dun partido".
Cando xa pelexan polos ósos, eu doulle a parte que me toque, non
por ter afiliación algunha, se non polo que me toca de galego, se
é que me toca algo no reparto.
O Goberno do Estado, esta contento por o de os anuncios, que rematan
con, o Goberno de España. O Goberno galego, cando remata o anuncio
publicitario, Xunta de Galicia. O outro Goberno de Galiza, eufórico
con aquilo de "vivamos como galegos" ¡E de coña!
07/01/08
 |
|