| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Adeus don Pepe, adeus don José...

¡Paisano!, ninguen creu que chegaras a tanto e a política a menos. Tes un atrevemento tan grande, que ten que ser froito da fonda ignorancia que tes, o non saber diferenciar onde vive un coello e un tabeiron. Nunha palabra, non distingues unha madriguera ou tobo, da grandeza do mar, onde se pode ver un laño, o que cres que pode ser unha madrigueira ou tobo, para certos peixes, pero nunca para un tabeiron, como ti dixeches que, o tabeiron saia da madrigueira. ¡Pepiño, Pepiño!

Na escola non che enseñaron nada das primeiras nocións de zooloxía. Seguramente eres dos da ESO. Pero si estiveres calado estarías mais bonito. Non sei nada mais que, o que lin e escoitei sobor de o señor Pizarro, pero tal e como falades de ese home, douvos sarpullidos no pelexo; a ti debíanche dar na cachola que tes, con unha folla soia do seu historial e chegaría para aplastarte.

Pero inda mais, él fixo carreira importante e, nos altos postos ou cargos que participou, demostrou a súa valía e eficacia para a boa marcha das empresas que dirixiu. E cando a súa economía particular esta moito mais que boyante, e tendo postos onde aumentala polo seu traballo e esforzo no mesmo; agora quer dedicarse a vida política, onde non gana un can, comparado co que ganaría na vida privada.

E xuntouse co PP, coido eu, polas faenas que os teus compañeiros socialistas e autonomistas lle fixechedes co conto de ENDESA. Pero inda hai mais, el vai a política cando é millonario, e outros van para selo. El vai a servir e outros van a servirse. Ou ver de si poden encher o peto pa cando saian, se non, a onde van sen oficio nin beneficio.

Recordo o que dixo o señor Leguina fai pouco "que cando os voten da política, que os votaran, que traballo tendrán" E tamén recordo a frase dun discurso de John Fitzgerald Kennedy "Non preguntes o que o teu país pode facer por ti, se non o que ti podes facer por él" referíndose os cidadáns americanos. Pero eu, esa frase aplicaríalla os nosos políticos.

22/01/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad