| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Manda carallo!

¡A onde chegaron os alcaldes! Primeiro mandaron na Guardia Civil, como delegados locais do Gobernador, despois chegada a democracia ese mando perdérono, pero déronlle parte do que facían os curas, que era casar as parellas de home e muller, pero a eles chegoulle a mais, poden casar dous homes ou dúas mulleres, e creo que non tardará en que casen a un home con varias mulleres ou o revés. O que sí non creo é que casen a animais. ¡Eu quixera ser alcalde! Pois co que agora gañan, e co dos casamentos, se cobran, ¡manda truco!

Pero agora entérome de que tamén van a ter autorización, polo menos en Cataluña, que seica non é España, polo que me vou enterando, que como di o refrán "vai o vello morrendo e vai aprendendo", que se o goberno do tripartito ou sexa dos tres partidos que manda e ordenan en Cataluña, posto que alí (non Alí Babá e os 40 ladróns) non é España, seica van sacar unha lei ou proxecto de lei, para que os alcaldes, igual que os "puticlus", teñan que ter as Igrexas, permiso para abrir, construir, e tamén as poden pechar por ser reunión de cidadáns, ou sexa que as poden controlar, salvo o que entre no Concordato da Santa Sede da Igrexia co Goberno de España, entón que carallo teñen que facer os cataláns se non son España. Das procesións que son manifestacións religiosas.

E os centros de organizacións políticas ou sindicatos e calquera asociación veciñal, nada.

¿Daralle o alcalde permiso ou non? ¿Qué vai pasar? ¡Esto non che hai Deus que o entenda!

E tamén que en Andalucía, que seica tamén é terra dos mouros, os hospitais novos que se fagan non terán oratorio ou capela para rezar. E na que os hai hoxe, seica as van a desfacer. Quen sexa católico e queira rezar a Virxen da súa devoción ou o Cristo para que lle de saude a seu familiar enfermo, nada, o camiño a facelo. Eu non podo creer estas duas notizas, pero como de todo hai na viña do Señor ¡quén sabe!

Eu, Deus me libre, de poñerme no camiño ou nunha sala agachado e encurvado a rezar sin chapa, dende logo.

28/01/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad