| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Mintireiros!

Mentireiros engañadores. Nunca me fiei das promesas dos políticos en xeneral, e menos en elisións, pero desta vez caín como un pardillo. Eu tiña fe no que dixera Zapatero, inda que como din que é "gafe" non o ía a ser cos vellos. Pero sendo quen manda, como podía enganarnos así por uns puñeteros votos. De verdade ou é "gafe" ou un mentireiro engañador.

Eu que xa estaba moi contento co aumento dos catrocentos euros que dixo Zapatero que iamos a cobrar todos, xa fixera as miñas contas. Pero pasoume coma o conto da leiteira, e o meu gozo nun pozo.

Fíxense como me poñería cando escoitei que o ministro dos cartos, o gordiño ese con catro pelos de barbas xogando o tute, Solbes, ese que xa nos deixou pelados cando foi ministro con Isidoro, bueno, Felipe González, conta que algúns, cobrarán catrocentos euros, outros trescentos, algúns cento cincuenta e moitos nin céntimos.

Púxenme a pensar, e zóupeime un par de labazadas na cara eu mesmo, dicíndome, eres parvo, sempre dis que vai o vello morrendo e vai aprendendo, e ti picas como un pin, pin. O outro día dicías como se lle podía creer nada a Zapatero, despois de estar sempre dicindo que non había ningunha negociación con ETA, e él, declara no diario o Mundo, que si houbo contacto despois do da T-4 en Madrid. Que a economía vai ben, e estase escarallando todo, e o paro aumenta. Dixeches, visitou o campo e apoiou a Ponferradina e baixou de categoría, así como, o Barcelona, perdeu a liga, cando dixo que era o seu equipo.

Cómo puiden creer nestas trapalladas. Teño que declarar e decir a verdade. Cegoume un pouco a ilusión dos meus netos, pos eran os catrocentos euros para meterllos tódolos meses no peto a Xosé Luis e a Pedriño. E agora por culpa de José Luis Rodríguez Zapatero e Pedro Solbes Mira, que de verdade, mira como embromar os españoles axudado polo sapateiro. ¿Haberá quen os vote fora? ¡Que falta facía!

11/02/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad