|
Os
fariseos, cachados nas patacas
Vaia,
vaia! Eche ven certo o de que se colle primeiro a un mentireiro
que a un coxo. Quen o ía a decir, que se ría de nos?, Dos simples
mortais, se non fora por eses aparatiños que nos deixan escoitar
cando non se apagan a tempo, que os profesionais solen dicir aquilo
de, fora de micrófono, pero si o dichoso micrófono non o apagan,
séguese escoitando o que falan, e él sigue mandando as verbas dos
que falan, sin que estes se den conta, e despois pasa o que pasa,
alguén se entera, e nos tamén.
Que lembre agora, de fora do micrófono, pero sen apagalo, dende
aquel famoso "manda huevos" do ministro Trillo, como presidente
do Parlamento, seguindo por Aznar, no Parlamento Europeo, con aquilo
de "vaya coñazo que he soltao", que o fin e o cabo non
teñen maldade Pero escomenzando polo ministro Sevilla, cando di,
que ve imposible que o "Charnego" Montilla, seu compañeiro
de partido, presida Cataluña. Ou en 2003 o presidente nese intre
do Parlamento de Cataluña, Joan Rigol, chamou "animales "os
corpos e forzas da Seguridade do Estado. Tamén Magdalena Álvarez,
con aquello de "me vais a decir a mí lo que es el Plan Galicia
de mierda" Ou o do ministro Bono referíndose a Tony Blair,
con aquilo de "Šgilipollas integral" ou "Es un imbécil"
Ou o diputado socialista Rafael Centeno, cando dixo aquello de "Los
moros que se vuelvan a Marruecos, que es donde tienen que estar".
E remato xa, que a lista é sin fin. Pero vexan as diferencias da
catadura duns e doutros
Pero o que nos faltaba por chegar, inda aínda sabedores de que o
señor Gabilan ou Gabilondo, que dende logo algo de paxaro ten, pois
co pico di unhas cousas coma a dos terroristas suicidadas rapados
con dous pares de calzoncillos. E despois de negar que o dixera,
confesou que fora unha información que lle dera, coido que unha
becaría. Pois agora co seu amigo o maior mentireiro do reino, tampoco
lle pecharon o micrófono e soltaron a verdadeira realidade do que
están facendo, os socialistas con Zapatero o frente e él aprobando
a idea. Zapatero "nos conviene que haya tensión" y el
fin de semana empezare con la "dramatización", e Gabi
dille que sí, que hay que facer "tensión" que lles favorece.
E despois o Zapatero nun mitin, di aquello de Fariseos os do PP.
¡Tócalle o testo!
Así qué, os que crispan os cidadáns e poñen a uns contra outros,
son os do PP, mentireiro!, cho dixen cando dixeches o dos catrocentos
euros e despois Solbes dixo outra cousa. Pero agora si que vos cacharon
nas patacas. Os que chaman crispadotes o PP, levan a bandeira da
crispación.
Agora
chegan os fontaneiros para arregalo e perden mais auga, era mellor
que o deixaran como estaba. Chaves di o de poñer a todos como unha
moto, pois a moto tiña que collela e poñerse a retirar o "chapapote"
que como é andaluz non van titiriteiros E o Garrido cas súas parvadas
querendo confundir os oíntes co quere decir eso de "tensión"
que non é o que parece. Tócate o nabo! Que nos somos parvos! E non
lembro quen foi o que dixo, que Zapatero era como un entrenador
dándolle animo o seu equipo. Lóxico! Que a patada mas baixa que
lle den o contrario sexa no ceo da boca. Manda carallo! O que hai
que escoitar! Pois agora que se poñan a apoiar o que quer enfrentarnos
nunha pelexa, para él gañar, e nos quedemos escarallados. Felipe
falaba de sen acritude. Zapatero de, talante e dialogo, que non
houbo, trocouno por tensión e dramatización.
18/02/08
 |
|