| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Xa choveu!

Fai anos, e como soemos dicir "¡xa choveu!". Teño un amigo, un amigo dos que se di amigo de verdade. Andaba metido en algo da política. Inda que nun principio non era moi partidario de meterse nesa leira, chegou a entrar. Cando xa viviu esa vida, escoiteille decir que él por conseguir algo para os cidadáns, era capaz de arrimarse o Demo, pero nunca para estar no cargo, que o deixou rápido, se xuntaría co Demo.

Pasados moitos anos lembreille aquelas palabras, e como facían hoxe os políticos, que por seguir ou chegar o poder, facían xuntanzas co Demo e con tódolos axudantes del. Contestoume que era certo, que eso o facían os políticos, pero que él e moitos daqueles tempos non eran políticos, eran persoas que aparecían nese mundo chamado político, pero sen pretensións de nada, nin de soldos, so pensaban en facelo o mellor que sabían e podían polo ben dos demais, e pola satisfacción de facelo.

Todo elo saíu a conto, do que esta enviando pa dentro co seu socio, o Partido Socialista de Galicia, pa manterse no posto, ou lle interesa que alla quen faga algo que do que él non se atreve, que neste caso é Bloque Nacionalista Galego. O camillero e os seus compinches, están facendo unha desfeita que non vai a haber quena recompoña. Déixanlle un poder que non é comprensible, so por seguir no poder.

Dende as lapidas, os apellidos, a fala, as cancións das musicas nas festas, os letreiros dos establecementos, o viño, as enseñanzas nas escolas, as galescolas e mais cousas, todo que sexa e que se fale en galego. Copiando dos cataláns e vascos. E poñendo como exemplo que na época franquista non deixaban falar mais que español ou castelán. ¡Mentira! Falábase como lle salia a un de dentro e nieguen dicía, nada, nin Guardia Civil nin Policía. Nas festas bailábase o son de cancións que eran galegas e casteláns, e cantar cando se cantaba de verdade, non chikilicuatradas de porquería, ou non se lembra o camillero, o Lobeira e ese outro que debe ser, non sei donde, polo apellido difícil e ten que cambialo xa, para poder nomealo; das cancións "Eu de Marín ausenteime", "O amor da custureira" "O San Benito hoxe Bieito, o que lle foron armar" Teño un amor en Rianxo" "A Virxe de Guadalupe ou Rianxeira" As da orquestra Compostela, as dos Tamara. E outras. Qué raio falan agora de que teñen que tocar nas festas mitade das pezas en galego e mitade en castelán, quen son eles para obrigar a falar como eles queren, e non como nos sale doŠ.

Estas son as pedras primeiras que puxo o señor Fraga, cando era presidente da Xunta, copiando do Pujol de Catalunya, ca lei da "normalización lingüística" chamarialle de "imposición lingüística" en contra e en persecución do castelán.

E o BNG, da mostrar da súa naturaza totalitaria. Negue o Holocausto xudeu polos nazis, mofase do Himno Nacional de España, co Chiky Chiky, e fai un decálogo, para como deben actuar os galegos, dende a igrexia ata as festas e contratos de empresas, todo elo en galego. Pero sempre dando subvencións para que se faga como eles queren. E como nesta terra, salvo excepción, o que se queren son cartos que, importa poñer un nome ou outro

Eu so lles digo que a estrela que poñen na bandeira galega, a metan por onde lle entre, a ver si lles aclara as ideas parvas, racista e que sexan demócratas dunha puñetera vez.


24/03/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad