| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Quén vos entende!

Fai uns días, me sentín como un parvo, pois enterome de que, os do partido Popular, e en particular o que foi Conselleiro, e representa como voceiro de acción exterior o PP. Enrique López Veiga, denunciaba a postura da Xunta, ou sexa, do bipartito que goberna Galiza, de buscar o voto clientelista do emigrante. ¡Miña nai querida! Non vou a decir que non sexa certo, pero que fixeron eles durantantos os anos de Albor, do fragismo, que pouco máis chegan os do franquismo.

Da vergoña, cando escoitas estas cousas. Ou sexa que agora o PP, califica de "sociocaciquil" a estratexia da acción exterior de Galiza, polo presidente da Xunta o señor Touriño. Din que non se abriran en países que xa teñan relacións comerciais, como Francia, Portugal e Italia, loxico, inda que Arxentina queda lexos, pois parece que será onde se faga unha delegación exterior e tamén pode que no Uruguay, é onde hai os emigrantes galegos o mesmo que México. ¿De que se alporizan, si xa tiñan casi un embaixador os do PSOE, na Arxentina? Eiquí pelexan uns cos outros, por quítame a la esas pallas. Cando están mandando fan o que queren, e cando están na oposición, critican o que eles facían no goberno. Tanto uns como os outros son bos. O PP tivo tempo de facer moitas cousas para Galiza, inda que fixo, malo fora que nas fixera, pero é o de sempre; e ti máis. ¿Cando chegará o día, que se pelexarán por facer mellores cousas para a xente, e non pensarán tanto neles, e de que si ti fas ou deixar de facer, e nos somos maís galegos que vos? Parce que todos temos a obriga, do que di o señor Bieito, que lle deben pagar, por cantas veces saia nos xornais, con unha chea de parvadas, que non nos levan a ningures.

07/08/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad