|
Cada
vez mellor
Estouche
quedando parviño cada vez que escoito cousas desta terra nosa. Lendo
un xornal, me entero de que fai uns días en Vigo, celebrouse a quinta
conferencia da organización política, moi coñecida entre os seus
partidarios, como A Fronte Popular Galega (FPG) Que intentará xuntar
a esquerda nacionalista para presentar unha candidatura soia nas
eleccións autonómicas de 2009.
O ser de esquerdas debe de ser un titulo moi importante, e si eres
marxista, leninista, stalinista, troskista e separatista, e sendo
galego non digamos, eso debe achegarse a un doutorado mais que de
filosofía.
Quen nos iba a decir os de esta terra meiga, que para ser un autentico
galego, temos que ter, non ADN como os vascos, se non o "pedegri"
de esquerdas. ¡Manda carallo!
Aquí como viron que o BNG come na mesa con mantel. Dixeron ¿e nos
porque non? Sí nos xuntamos todos os que andamos a velas vir, tamén
podemos entrar a que nos toque inda que sexan as frangullas do mantel,
xa que ata agora non comemos nin das que caen o chan.
Pois o FPG quer xuntarse con outras formacións que están espalladas
como Nós-Unidade Popular, AMI, Primeira Linha o Briga, como podemos
ver moi coñecidas todas polos galegos, e tamén coa corrente constituida
no 2006 no BNG.
Pois segundo din eles, o independentismo galego topase moi desgaxado.
¡Anda que si chega a estar xunto, faciana boa! Como as intencións
son de chegar a lograr a "refundación do nacionalismo de esquerdas
posta non futuro auto determinista de Galiza e da emancipación social
das clases traballadoras. ¡Aguanta eso! Definese este partido como
marxista leninista, independentista e republicano". ¡Aí queda
iso!
Eu xa falei co meu compadre Xaquín que se dedica os porquiños, e
ten unha tenda co nome de "Cochiquera el Cerdito Valiente",
que lle troque o nome se non quere que lle metan unha multa por
estar en castelán o nome, e xa pensamos que lle quedaría ben o de
"Porqueriza o Porquiño Bravo" ¡A onde chegamos! E si vivimos
algo mais o que veremos. ¡E cando se xunten todas as esquerdas galegas,
miña maiciña!
14/04/08
 |
|