|
77
cumple anos da República
Fai
uns días, coido que o 14 deste mes cumpríronse setenta e sete anos
da II República, e en moitos lugares festexouse este acontecemento.
Antes de comenzar a falar do asunto, teño que decir que non so republicano,
nin monárquico, son un galego español que lle quere a súa terra
por riba de todo eso de políticas, dun bando ou doutro. Pero con
esto da conmemoración de cando comezou a segunda República, non
estou da cordo coas alabanzas que se fixeron dela, algúns soñadores
do pasado, que non viron mais que cousas boas nela, e outros que
pola súa idade non teñen coñecemento do que foi, so por oídas e
algúns libros dos partidarios da mesma, que falan dela e ilusiónanse
por que veña unha terceira República.
Respetando as ideas dos que así creen na República, e nese puñado
de ducias de persoas con flores e bandeiras tricolores, poucas,
que saian nos retratos dos xornais, en certos pobos, onde se vían
catro anciáns, mais mulleres que homes, do cal penso que eran viúvas,
nais, aboas de finados da guerra ou de fusilamentos, e catro mais
mozos que polo que escoitaron ou leron, lles insuflou o republicanismo.
Había menos xente que nun velorio dun pobre, o que se veu nos xornais
e noutros medios.
O que si parece certo, é que a grande aspiración de todos estes
republicanos, é descabezar o Rey, e como dixeron nun instituto catalán:
"Al Rei d`Espanya canya, canya, canya". Si todo o ser
republicano se basea niso, ben pouca cousa é. Sempre sentín de rapaz,
que cando un facía o que lle daba a gaña dicían, isto que é, a República
de Andorra ou que? Por elo, cando xa souben o que foi a nosa República,
non me quedou ter gañas de outra.
Falase da Dictadura, pois nalgunhas cousas foi mellor ca República.
E xa que falamos de todo isto, que é o que estamos vivindo hoxe,
unha dictadura dun partido, con axuda dos nacionalistas e esquerdistas
ou unha republica democrática encuberta, con un Rei, donde uns non
son tan iguales como os outros, solo uns fan o que queren e os outros
a calar. Se non houbera Rei habería un Presidente, e cobraría dos
impostor de todos, él e toda a súa familia e amigos. Si ese é problema,
ben pequeno é, pois polo outro, xa estamos na mesma, chámenlle dictadura
uns e republica outros, e de momento sen mortes entre uns e outros
cidadáns, non sendo as dos terroristas. Pero atacando a Igrexa católica,
a educación, a familia e outras mais cousas, dunha nación de moitos
séculos de unidade, quérena desfacela en anacos, e non no mapa se
non na realidade.
Uns falan de fabula da republica e outros cáganse en quen a fundou,
polo que pasaron nela. Pois din que foi a desfeita de España polos
gobernantes que tiña, quén deixaron chegar a facer unha guerra entre
irmáns, e eses republicanos que non foron capaces de gobernar como
era o seu deber, e os outros que se apoderaran do poder sen ter
dereitos democráticos para facelo, e os que a querían vender a un
país estranxeiro, donde moitos foron a refuxiar despois, deixando
o seus compañeiros na estacada. Deses non se di nada, nin das animaladas
cometidas polo Frente Popular, nin das famosas checas, mortes de
religiosos/as, persoas que o pecado que tiñan era ser católicos,
nunha palabra, quen non pensaran como eles, das queimas de Igrexas,
conventos, bibliotecas e todo que toparan por diante, matar a Calvo
Sotelo por ser político doutro bando diferente e Gil Robles porque
escapou a Francia cando avisaron. Quéixanse do que fixeron os Falanxistas,
pois de uns e outros foron venganzas persoais, como moitos dos famosos
paseos de parte a parte. A República foi unha das peores épocas
para moitos e para a miña familia, como pudo ser a Dictadura para
outros. Pero todo por ser a República, ou mellor quén a gobernaron,
uns desgraciados que nunca pensaron no pobo, sinon neles. Así que
esa famosa Memoria Histórica, que diga a verdade de todo o sucedido,
nesa España nefasta, que foi esa época e que agora queren poñer
nun pedestal.
21/04/08
 |
|