| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Sempre cas túas Pepiño

Tí sempre andas no medio coma o xoves, tantos anos de si señor e non aprendes. Como di o refrán "sempre fala quen calar debe", eres incorrixible. Cando lin o comentario que fixeches sobre Raxoi, de verdade que me pegou a risa. Moitos considerárono un xesto sen precedentes na recente historia democrática española o afirmar tí, que o presidente do PP fixo unha "expresión descomunal de autoritarismo"

Mira Pepiño, que coño che importa o dos demais partidos, metete no teu que bastante ten que rascar. Como te atreves a falar de autoritarismo noutro partido, si no que estas "o que se mova son sae no retrato".

Qué che importa se pelea con Esperanza ou con Gallardón? Debías estar contento que se desfagan entre eles. Pero se non falas, meténdote onde non te chaman ou no enterro onde non che dan vela, non estás contento e rabeas, fillo.

Chegas a decir que "reflexa unha dosis de autoritarismo propia de unha persoa como Raxoi, do que eu veño ostendo dende tempo que ten rasgos autoritarios claros". Despois de dicirche que en todos os partidos por desgracia, fallan as teorías de democracia eles. No teu, o autoritarismo non ten rasgos se non, feitos. E calquera prefire ter rasgos autoritarios, que os que tes ti, de servilismo escandaloso.

Non recordas a grande democracia interna do teu partido, con Almunia, despois Borrell, ata que chégaste de fontaneiro con Zapatero, "que nin na súa casa o coñecían", contra Bono. Qué falas ti de "concepción perversa de democraciaŠ"?

Non che deste conta aínda, de que Zapatero xa se desfixo dos que lle axudastes antes, e que xoio quedas ti, e veremos por canto tempo. Facede o voso congreso e deixade os demais cos seus rollos que, canto peor o fagan, que é o que desexades, mellor para vos. Xa conseguiches ter fora a Zaplana, Acebes, Cañete, e outros que vos daban caña, agora queredes a Gallardon que os vai moi ben, e fora a Esperanza, para que todo quede nas vosas mans.

O rollo de desequilibrar, facédeo moi ben e, os "listos" do PP, cren que vos ides con boa fe: Sondes lobos con pel de cordeiro, e quen nos vos coñeza vai fodiŠ


29/04/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad