|
Paquiño,
¡moito mandabas!
Eu
xa sabia paisano, que ti mandabas de carallo, pero tanto, tanto
como agora che achacan, de verdade que eu non o sabia, pois a calquera
cousa que hoxe se faga dise que todo era ca túa intervención. Non
so da fame que se pasou, dos mortos que disque que mandaste matar,
non na guerra, despois, que fixeches unha guerra nunha nación que
era un paraíso cos gobernantes da II República, que non so se mataban
entre eles, se non que votaban a pelexar os españois uns contra
os outros, como o intentan agora, pero non sei, se fuches tu quen
fixo todo mal, nesta España que hoxe nos vai tan ben, con o señor
Rodríguez, que por elo te tiran do cabalo, arrancan os letreiros
co teu nome, e póñeno cos de outros "amigos" teus.
Pero esto non ven o caso, e unha simple lembranza. O que si nos
ten abraiados a moitísmos galegos e españois é que sendo como din
que fuches un dictador, que Stalin era un "santo" o teu
carón, e toda a Europa democrática non che pudia cheirar, sinto
non deixaras escribido nalgún papel, como carallo fixeches dúas
cousas que nos chaman a atención, inda sabendo que todo que fixeches
foi malo, tan malo como os pantanos que se rían deles con chistes
que se facían, as pagas extraordinarias de Xulio e do Nadal, as
casas chamadas pola xente baratas, tranquilidade e paz moitos anos.
Pero hoxe os pantanos sálvanos de moita sequidade, pois non queren
uns darlle auga os outros, con trasvases, as casas que ahora din
de facer, non chegan nunca, e dan zapatillas, mellores cas de esparto,
para que corras mais na busca de una casa barata, si a topas, as
pagas extras chámanlle paga a secas, non sei se alguén lle di, do
solsticio de veran e do de inverno, por non dicir do 18 de xulio.
Pero cobrar cóbranas, esas nas retiran como o cabalo e os nomes.
Bueno, xa me fun polas ponlas. Os dous casos que quería decir e
saber como moitos quixeran é como fixeches para que hoxe a Xustiza
este tan atrasada, según o ministro dela o Bermejo, en galego Vermello,
xa co apelido vaille moi ben o que é, sobor de todo sendo fillo
dun falanxista; pois di que este atasco ou colapso judicial, que
para él no é atasco, senón un retraso, se non que se está gañando
tempo o retraso, e fala de "problema endémico", deben
vir xa os atrasados da túa época. E o outro asunto mais importante
pos españois, é como raio puideches facer para comprar en Eurovisión
os votos para que gañara a Massiel, con aquello do, "La, la,
la", que ata os inglese están agora despois de corenta anos
din que lle fixeches unha Opa hostil, perdón, e o que se dice agora,
una compra de votos, hoxe dirían accións, para que a túa "fan"
gañara a toda Europa. Iso si que manda carallo, coma lla xogaches
a todos e mais os ingleses que hoxe o toman como cousa de Estado.
Todos, bueno todos os que eran teus "amigos" dicían que
nos entretiñas co fútbol e touros, pa ti facer o que querías de
España. Pero mira cando se di que tamén tiñas parte no "La,
la, la". Abella, que fuches unha abella de listo que eras,
inda que non cho recoñezan. Non me extraña que agora, hoxe, inda
che queiran mal, despois de tantos anos morto, os que non che gañaron
a guerra de vivo, ata os seus fillos, quérencha gañar de morto,
e coido que lles vai costar un ovo e ha metade do outro. E despois
din, cos do PP son os teus herdeiros, cas que lle fan os contrarios,
xa me rin eu de iso, e cántolle o "La, la, la".
12/05/08
 |
|