| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Eu este baile xa no entendo

O presidente dos vascos, ese que descende de non sei quen, polo do Rh, e lóxico que non e da teoría darvinista.

Pois este home que parece que ten "bagoas de cocodrilo", cando inda non se remata de enterrar o guardia civil Juan Manuel Piñuel e inda que non dixese nada en solidariedade das vítimas do terrorismo, en un acto en San Sebastián, parece que este lehendakari ten uns días para "chorar" con esas bagoas, polas victimas e outros días para ir encontra das mesmas.

No parlamento autonómico vasco, presentouse unha moción sobre supostas torturas das forzas de seguridade do Estado contra os etarras, nas que apoian esta trama están Aralar, PCEV disfraz de Batasuna-Eta e nada mais nin nada menos que o Partido Nacionalista Vasco (PNV) que goberna como lehendakari Ibarreche.

Así podemos ver a doble moral deste home, e de tantos que o acompañan nese partido tan separatista como os demais, desta terra que non quer pertencer a que todos pertencemos.

E o noso presidente Zapatero vaino recibir moi pronto, seica antes que o xefe da oposición, donde coido que prepararan a nación vasca, como xa fixeran os cataláns, e así pronto estaremos cada un polo súa banda. ¡Caralludo!

Pois o que faltaba pa completar, antes no meu tempo dicíase a peseta, ou que parira a aboa, agora dise o euro, é que os valencianos se xunten cos cataláns en cuestión de diñeiro, ou sexa en cousas de financiación.

O señor Francisco Camps, presidente da comunidade valenciana, so se lle ocurre facer un frente común con Cataluña e dicir que "aboga por un entéente Catalano-Valenciano en materia de Financiación" que non prexudica a ninguén, nin lle quita un euro. Esto é como pa "morrer" de pequeño. ¡Si que agora xa se esta esfarelando todo!

¿A onde vamos a chegar con esta xente que nos goberna de esta maneira? Mellor é marcharse lonxe.


19/05/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad