| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

AUUUUUUUUUUUUU...!

Tiña gañas de escribir sobor do que dixo o alcalde de Lalín, e ex presidente de FEGAMP, que é algo así como Federación Galega de Municipios, Xosé Crespo, que hay quen di que é parente de Xosé Cuíña (q.d.e.p.), pero non é. Falei con él nun grupo de coñecidos, coido que, un par de veces os comezos de ser alcalde. Doume esa imaxe de alcalde de terra adentro que quere medrar na política, imitando os das cidades, e vaia se medrou!

Cando máis tarde, xa levantaba a "cresta" no medio dos políticos mais veteranos, vendo en certos acontecementos, donde a clase política lle gusta esta,r polo da foto, a él xa se lle vía co seu porte, sen perder o de alcalde de terra adentro.

Lémbrome dunha vez que, con outros amigos o vimos nun funeral, e xa destacaba no medio daqueles outros políticos, veteranos uns e de cidades, e capitalinos outros, pero non so destacaba pola súa facha de político do interior, se non mais ben pola súa forma de vestir que inda hoxe ten. Un dos do grupo dixo: "Fixádevos no traxe que ten a raias, que non lle fai xogo con eses zapatos casi amarelos" Outro dixo, "o traxe de raias e dos que se di de diplomático". Contestando outro: "A min mais me parece dos que levaban certos persoeiros norteamericanos, no tempo da lei seca"

Pero como eu adiviñaba, foi facéndose no partido do PP alguén importante, tanto como chegar a ser vicepresidente, non sei se polos traxes que nas fotos dos diarios traen, que son antigas, ou sigue con ese tipo de traxes que deben impoñer "clase", pois parece que sigue con eles.

Este alcalde, que como case a maioría de todos que hoxe exercen a política, dende concelleiros ata os postos mais altos, cando lle toman o gusto o poder, e digo poder de ter despacho alfombrado, coche oficial, telefono que non pagan, secretarias e quizais "amigas", cústalle moito baixarse da burra montada, a conta dos parvos votantes, que despois non coñecen nin os mais achegados, e písanlle os callos o compañeiro de partido pa que non o poida desbancar. Pois este alcalde cas súas verbas do outro día, cando dixo que "na terra dos lobos, hai que ouvear como todos", referíndose a que pode o PP de G chegar a acordos de pactar co BNG, si o seu amigo Feijóo, non chegase a ter a maioría absoluta nas vindeiras eleccións galegas. Esto deixou a unha chea de xente do PP, como se lle meteran unha patada nos... Inda que mais tarde di que "había que desbrozar moito pola dereita e pola esquerda". Xa que di tamén algo así como que "un partido democrático non debe renunciar a negociar con outro partido que é democrático" "Carallo pa miña moza!" Con estas ideas sobor do BNG, para que votalos a eles, que se vote o bloque e xa está.

Demostran que o que queren e gobernar sexa da maneira que sexa, o estar na oposición doe de raio (fai tempo, dicíalle un político a outro; o poder queima, non¡, contestándolle o outro, mais queima estar na oposición), e hai que topar a maneira de mandar, inda que sexa ouveando AuuuuuuŠ Éste é outro da famosa dereita "centro" de Fraga, que quere pescar no centro. Mira, para pescar hai que mollar osŠ Si pescas no Deza tíñalo que saber, e é mellor pescar con xeito e intelixencia, que ouvear, "amijo" Crespo, non penses tan cedo nunha consellería.


02/06/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad