| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Non eres máis listo, porque non entrenas

O que tes de parvo quédache moi ben Pepiño. Non sei como fas que sempre te metes onde non te chaman ou como din outros en camisas de once varas.

Sabes liar o palangre de tal maneira, que non sei si na costa de Lugo, sendo ti de Palas de Rei, o fixeran tamben coma ti o fas. Sendo como eres un home con uns estudos de bacharelato, e non sei se chegaches a facer primeiro de dereito, de ser un aguanta aquí, sabes liar o palangre como o mellor abogado das silveiras, ou sexa "trapalleiro".

Cada vez que abres a boca, a parte de decir parvadas, que as dis moi ben, sempre lle metes un toxo no medio, para que o outro ou sexa, de quen falas, téñase que rascar. Non vin persoa nos anos que teño coma ti, de verdade non sei como acabaras, pois o teu xefe inda te está aguantando, débeslle seguir sirviendo para dar a cara por él, ante o PP e a Igrexa, non sei asta cando, pois o Caldera xa o tirou, ¡e ti sen ser ministro aínda!, pero dame o corpo que virás a fodela a esta terra.

Ti non fas mais que seguir a liña que che marca o diario El País, e "preocupaste", mentira cochina, polo que poida pasar na división do PP, e que elo, se poida extender a Igrexa católica, manda carallo contigo, Pepiño! Tes cada cousa! E unha cara, de cemento armado, ou mais cara, que un elefante con papeiras.

Ti o que esperas e queres, é que tanto o PP como a Igrexa se enfrenten entre eles. Pero nin que foras parvo. Os do PP poden chegar a escarallarse, pero ti que presumes de político intelectual, que hasta que Obama gañou non quixestes decir nada para non influir o algo así, xa non recordo; pensaches que os americanos se ían a influenciar pola túa opinión; o que moita xente cree, que tanto o teu xefe coma ti, se decides que vai ser presidente, seguro que perde. Dicen que cando Obama se enterou, de que queriades que fora presidente, púxose branco. E falando da Conferencia Episcopal Española, creedes que os Bispos se van a poñer uns encontra doutros, defendendo uns e outros non as vosas ideas sobre a familia, o aborto, a eutanasia, o matrimonio dos gay e lesbianas, a familia, a EpC, o sectarismo que tendes de progresistas do carallo. Estas fodido da cachola.

E inda por riba tamén aparece o Barreda ese, de Castela a Mancha dicindo que os Bispos fan política, porque nas homilías recordan a cantidade de "ofensas, insultos e agravios" Non fan política, din as cousas que fan os que están contra a Igrexa e son tan demócratas que non respetan as crenzas dos demais. Caso do escándalo de Toledo, polo Corpus.

Qué queres, qué se deixen apedrear e golpear. Que odio mais estúpido teñen algúns nos corazóns. A onde iremos así?


09/06/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad