| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

A Crise

Disque estamos na crise, segundo os economistas. O Goberno di que non, pero o ministro Solbes escapóuselle a palabra "maldita" para o presidente Xosé Luis, e para a da "a enruga é vella". Pero polo que se está vendo con esto do fútbol, seica que a crise pode que se agudice despois de que España quede eliminada da eurocopa.

Pois o mundo de españois que se ven pola TV é como se foran todos millonarios para pasarse o que dure esta competición en Austria e en Suiza. Pois eiqui en España, si te vas a ver o partido xa non de España, contra o que sexa, te topas con xente, pois inda que son horas de traballar, pero como se anda ca folga de barcos, camions, granxeiros e taxistas, inda topas xente, Pero o das consumicións nos bares, parece que é como nos tempos da fame, con una cervexa e gaseosa facíase a festa.

Agora sen ser así, notachese ben que o gasto é o mínimo e hay quen che di si lle pagas un viño, e outros dinlle o do bar, ponme unha cervexa que xa che pagarei.

É certo que o fútbol faite esquencer outros problemas de máis importancia. Era o que se dicía noutros tempos, que os problemas do Estado, o Goberno de Franco facios esquecer co fútbol e cos touros.

Pois os que hoxe gobernan, copiáronlle a formula do militar. Entre a selección cos goles de Villa e Torres, e o toureiro Xoxé Tomás, a xente esta enloquecida, a selección gaña o toureiro corta orellas e sae pola porta grande a hombros, os prezos para ver a un ou os outros están polas nubes, pero fan colas para poder velos.

É póñense cegos para non ver o que esta pasando co paro, cos soldos co emprego e como marcha o país a bancarrota.

Cantemos aquilo de que viva o futból e os touros. Mentres o demais, que se vaia o carajo. E Galicia, siga sen AVE e sin mais cousas que nos fan falta. Viva a política galega do bipartito, e da forza da oposición



16/06/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad