|
¡Que
cara lavada, teñen!
Eu
sempre dixen que os políticos son os mais caraduras ou cara lavadas,
como se lle queira chamar, pois son dos que che dan unha aperta,
e ti de pimpín, caes arrodeado polos seus brazos, cómo nos aneles
dunha serpe pitón, ou fan coma o crocodilo, que segundo din, cáenlle
bagoas despois de comerte.
No fútbol, pasa o algo parecido tamén, cando un contrario che mete
unha patada nun nocello ou nun xeonllo, e vense a disculparse, faino
máis pola tarxeta que lle pode poñer o arbitro, que polo que che
fixo.
Pois algo parecido fano certos políticos que cando lle poñen unha
alcachofa (micrófono) diante, pérdense solos. E non digamos unha
cámara, inda que sexa de fotos, pois se é de TV, xa se van por eles,
e pérdense falando. Lémbrome dun Concelleiro de Cultura do Goberno
Galego do PP, que sacou unha entrada para asistir a un acto cultural.
Cando os xornalistas lle preguntaron se iba a ver a representación
de ³Carmina Burana², opera alemana por mais. Dixo que sí, que había
que axudar os artistas galegos, ou os nosos algo así. Nin puñetera
idea tiña de que se tratara dunha opera alemana. Seica pensou que
cantaba ³Carmiña de Burela. Manda carallo co de cultura,
Estes políticos cando lle din o que falou, teñen dúas saídas, unha
que non o entenderon, pois non era eso o que quería decir, ou que
sacaron o que dixo de contesto. Pero cando apértanlle as costas
por tanto falar do asunto, os medios e persoas. Danlle volta o rabo,
dicindo que el non quería decir eso e que pide disculpas. Pero a
xente non é parva.
Ven tolo elo a conto do novo membro (non membra) do equipo de Raxoi,
o señor González Pons que dixo: ³los medios tienen que ser libres
y apoyar o no en función de lo que crean. En cuanto a la COPE, tenemos
que hacer un esfuerzo por acercar posiciones entre el PP y la Conferencia
Episcopal. Esta va a ser una legislatura muy dura para la Iglesia
Católica y una de las líneas de defensa podría ser el PP, tendría
poco sentido que utilice su emisora para machacar a su aliado que
pueda tener para apoyar muchos de los asuntos que van a plantearse
en esta legislatura². Cómo pode decir este home semellante barbaridade!
A Igrexa existiu antes que o PP, e zafouse durante mais de 2000
anos de moitos ataques. E sinon apoian os seus votantes contra o
plan do PSOE, no laicismo, ampliación do aborto e eutanasia, que
van facer? Agora despois da patada no ceo da boca os bispos e COPE,
está, que tanto os axudou antes e na campaña contra Zapatero, agora
ven pedindo disculpas. Anda que te zurzan!
30/06/08
 |
|