|
¡O
que cheguei a ver!
O
chegar a bello ten moitas vantaxes, pois chegas a coñecer e ver
cousas, que nos anos de mozo ou de maduro, non achegas a ver, pero
cos anos, a vida vaiche pasando a nova película da mesma, como vai
vindo pa diante, inda que ti vaias a menos.
Ven esto a conto, de que me quedo abraiado do que cheguei a ver
e sentir, pois inda que un non é da época victoriana, nin un puritano
ingles, doume conta que certos homes dende que nos últimos anos,
digo trinta, entraron na política moderna, quixeron facer da muller
un ³xoguete² que lle fora axeitado os seus apaños, polos moitos
votos que lles podía dar; sin darse conta que éstas, que unha grande
parte delas, sempre foron mas listas cos homes, salvo as que van
de floreiros polo mundo, pois leváronos sempre por donde elas quixeron,
inda que parecese o contrario. E como sucede sempre, estalle saíndo
a porca capada. Elas pouco a pouco, van conseguindo o que queren,
situarse na nova carreira onde se gañan cartos, sin dar pau a auga
e mandando, na política, e o mesmo tempo desbancado os homes.
Cando xa se independizaron económicamente do home, lanzáronse a
pola conquista do poder que o home tiña, e moi sutilmente relégalo
a un posto inferior, onde podían dominalo totalmente. Pero non acaba
aquí o conto, senón que foron capaces que uns homes, non ignorantes,
pero si egoístas, pensaron aproveitarse delas, e saíulle a porca
capada, escomenzando pola cuestión do linguaxe, no masculino e femenino.
Un estúpido, comezou co de cidadáns e cidadanas, cando a palabra
que se dicía era a correcta. Foron alcanzando tal poder, quen no
merece delas, que agora se permiten propoñer cambios na gramática
da lingua, poñendo sempre por diante o do machismo.
Din que as amazonas, que parece que é unha lenda, non querían os
homes nada mais que para ter fillos, sempre que foran nenas para
continuar a raza, non sei que farían cos nenos, deixaríanos ata
que puideran reproducir, para despois votalos do territorio como
facían cos homes. Hoxe nin pa eso lles servirían co da inseminación
artificial, sacaríanlle o produto e nada mais, e despois elas xa
se arranxarían.
Elas agora, queren que nos postos que o nome é masculino, que se
lle poña feminino, ou sexa que o xénero gramatical non sirve pa
nada. Ven sendo o caso da ministra que quere que se diga miembra,
cando e muller, en casos que non é así, xa que a palabra miembro
vale pa todos, como cando se di cidadáns, é para homes e mulleres,
non hai que decir cidadanas.
Eu pregunto, cómo os cabezas pensantes de eses políticos e cargos
públicos, chegaron a consentir estas aberracións lingüísticas? Non
sendo pa telas contentas, e non houbo quen dixera, pois veña, nos
tamén queremos que xa que os nomes de certos oficios rematados en
(o) se feminizan, como medico/medica, facelo cambio o revés, naquelas
palabras que sexan dunha profesión independentemente do sexo de
quena exerza, para precisar a súa masculinidade, como: periodista/periodisto,
artista/artisto, taxista/taxisto; e así os membros e mebras da Real
Academia Española (RAE) que se volvan tolos. Esquecíame que, os
cargos públicos, lle chamaran, cargas publicas. Si vivo uns anos
mais, ¿qué chegarei a ver, na gramática española e noutras cousas,
que farán os políticos?
07/07/08
 |
|