|
Todo
festas e papatoria
Cos
anos que teño e no mes que estamos, sei que hai festas en tódolos
currunchos. Pero a novidade que chegou fai uns anos, casi deixou
as festas dos pobos, os foguetes, as procesións, as bandas de musica
e outras cousas, ata as rosquillas, nunha cousa para os vellos.
A mocidade, so pensa nesas charangadas que din que fan musica, xa
cos nomes que teñen dan noxo, e só o barullo que fan ten un medo
por mor de que che rompan os oídos. Moitos deses comos ³pincha agullas²
se non fora po-los políticos non comían quente, nin sequera caldo
de verzas con unto. Pero nos concellos co conto que a xuventude
hay que darlle festa, contratan a esa xente, inda que lle chamen
na canción os do pobo fillos de tal ou digan que ETA mata os castelans.
Eu záfome a ser galego.
De verdade que sinto vergoña de certa xuventude e de cómo gastan
os cartos nos concellos, para que escoiten esas barralladas. Pero
vendo o que pasa no País; que arden montes, os trens nin entran
nin saen, os aeroportos atascados, follóns en todos lados. Eiqui
non se pensa máis que, hoxe a festa do pan, mañá a do touciño, despois
a das cereixas, a dos callos, o carneiro o espeto, que con albariño
ou tinto van de carallo. Esto máis parece unha competición de querer
destacar o seu pobo por riba do outro. A festa do albariño foi ca
idea de promover un viño galego pouco coñecido, a do marisco o mesmo,
mais ben que cos prezoz que chegou, e pensaban que en Galiza chegaba
ata as casa, buscase unha promoción, para que puidera a xente do
interior, al menos unha vez no ano, achegarse a comelo nun prezo
razoable. Como así peixes que non se coñecían. Pero co do ovo frito,
as migas, ou perralladas parecidas, parece que estamos no mellor
e deixamos de pensar nas cousas que de verdade nos afectan, e como
gastan os nosos cartos os concellos, que despois non hai para arranxar
un camiño. Ou sexa, os tempos non cambian, é o de sempre, pan, festa,
e fútbol Despois a queixarnos polos impostor.
13/08/07
 |
|