| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Problemas do combustible

Falando o outro día co meu curmán Xaime, sobor do moito que subiu o petróleo, e por conto todo que deriva del, como a luz, o gas, gas-oil, gasolina, que nos afecta, como todos sabemos, a esta vida cotiáns que hoxe levamos. Pero eu xa lle dixen que había tempo previñen esto e prepareime, non como di o señor ministro, de sacarse a corbata, unha que na poño, pois ca barba pa que a quero, baixar os graos do aire acondicionado, encender e apagar a luz cando vas e saes dunha habitación, que consumas luz de noite, nin sabe que agora xa non hai a tarifa nocturna, que se ande menos nos coches, e de poder ser, que sexa neses que lle chaman híbridos, que eu non sei o que é, pois penso que deben ser mitad cabalos e mitad burras, pois así debe saírlle como unha mula de barata.

Pois como iba dicindo, eu xa levo tempo preparándome, pois esto xo viña vendo dende lonxe, e equipeime do que me faltaba e vin onde podía arranxarme co que tiña pola casa. O primeiro que fago é irme pa chabola que teño na aldea, onde fixera o lavadoiro no regato que por o lindeiro pasa. Xa teño resolto o da lavadora, a secadora é unha tendedeira debaixo do que fai de alboio, que corre o vento e secase. A cuestión da luz, esta resolta, por dúas bandas, unha co rodicio de vento que teño no pozo pa sacar a auga. Pois un amigo me dixo, por qué non lle aplicaba un xenerador-transformador con unhas baterías, que o mesmo tempo me gardase a enerxía que produce, non é moito pero para as catro bombillas de baixa potencia que tes chégache ben, e así o fixen. Resultado, fenomenal! E a outra, ca cera da mel das abellas que alí teño, coma teño legumbres e hortalizas, como leitugas, pementos, tomates, froitas, uvas e viño, e mais, así arránxome contra a crise que non hai segundo dicía ZP, e que dito sexa de paso, non uso azucre, senón mel, e ca cera xa facía velas e agora quédanme de reposto. No verán, no fai falla quentar a auga, pero por si fai falla, teño uns deses paneis de sol, que me dou o meu amigo Manolo, cando el cambiou o tellado da súa casa con novos paneis. E asunto arranxado. E si fai moito calor séntome debaixo dun carballo que alí teño hai moitos anos, e a sombra del estou como un rey, e si fai moito calor poño a mula a pastar cerca e con un pai pai no rabo, e cando se abanica pa correr as moscas mándame aire a min. E falando de viaxar, deixo o cochiño que teño dos de sin carné, e monto na mula. Non fumo, e gasolina non consumo, así que todo o do ministro e do goberno, a min ráscama. Non así a outros.


16/07/08

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad