|
Quen
lles fai caso
Cada
vez entendo menos a estes rapaces que gobernan o país. Dende logo
este mes que ven marcho pa miña casiña da aldea e alí esquézome
de toda esta feira, que día a día, entre os diarios, radios e TV,
co que estes medios din pola súa conta de opinión, mais o que di
e non di o Goberno, póñenche a cabeza como un bombo, mais co de
Manolo.
Así que fuxo pa aldea, e estou as miñas anchas sin saber nada do
³mundanal ruido² como dicía aquel sabio, o mesmo tempo que, polo
menos durante un mes, fago aforro enerxético cos meus sistemas,
que xa contei no artigo anterior.
Nin entendo, nin sei como alguén lle pode facer caso os socialistas
que nos están gobernando. Todo parece que é a base de mentiras,
pois si entre eles non se aclaran, que vanos a facer nos, os pobres
cidadáns. Un di unha cousa, o outro di a contraria ou contradixese
co que dixo antes un compañeiro de partido dos que manda e pode
falar sen que lle chamen a atención, amenos que se sepa, pois eles
calan moito, para seguir comendo, parece aquello da ovella, ³ovella
que berra bocado que perde² e eles por veces fan o mesmo.
O señor Xosé Sánchez Bugallo, alcalde da cidade de Santiago de Compostela,
este ano e por terceira vez, foi delegado rexio na Ofrenda o Apóstolo,
e nas súas palabras, entre outras cousas, como a crise, que parece
que os socialistas chegoulle ahora, o terrorismo de ETA, a violencia
as mulleres, e mais, defende un equilibrio entre a neutralidade
do Goberno ante a relixión e a deferencia cos símbolos históricos.
Si o señor Bugallo, alcalde do PSOE e membro, fai pouco da ejecutiva
nacional do partido socialista, reclámalle o Estado, que eles os
socialistas, me parece que se trabucan, pois o Estado non é o Goberno
ou mellor dicto, o Goberno non é o Estado, e eso é o que eles creen,
o señor alcalde, sigo, debíalle reclamar o Goberno neutralidade
e garantías para a liberdade de culto religioso, o tempo que demandaba
respeto pas tradicións católicas, cando éstas están integradas nos
actos socias.
Estas palabras do alcalde Bugallo, fainas despois de que poucos
días de que no congreso nacional do partido (PSOE) se apostou por
unha maior laicidade do Estado, como a retirada ou supresión de
tódolos símbolos religiosos nos actos oficiais, intentando tamén
anular ceremonias cátolicas nos fuerais de Estado, cando eles so
son o Goberno, pois o Estado, repito, e o conxunto de todos os españois,
e non todos na laicidade están co Goberno que por hoxe goberna.
O alcalde de Santiago, con estes antecedentes, defende un equilibrio
entre a historia, os elementos que fan a identidade dun país, mais
os cambios que demanda a sociedade. Non o partido que goberne nese
intre. Pois se presumen de laicidade, eu parvo de min pregunto ¿qué
facían unha grande parte dos membros da Xunta co seu presidente
diante, inda que nieguen do Bloque, na Ofrenda o Apóstolo? ¡Non
seria para o retrato! Pois antes, o que se movía nos saía, pero
hoxe debe ser o revés o que sae, o mellor móveno.
Ante todo isto, que nin o demo entende, ¿qué nos toca de facer a
nos? Irnos a descansar e olvidar. E ninguén lles faga caso, a estes
aproveitados.
28/07/08
 |
|