|
Agora
de vello gaiteiro
¡Don
Manuel, don Manuel! ¿Qué lle pasa os da nosa terra cando vamos vellos?
O da gaita digo por dicilo, pos vostede xa tocou moitas veces a
gaita con outras cousas, onde lle saen ronquidos do ronco da mesma,
como fixo agora co dos nacionalistas. Pero como di o refrán, "agora
de vello, gaiteiro", pero de verdade. Inda que ten un paisano
de Palas de Rey, que pasa de gaiteiro, xa é un flautista, pois cando
chegue os seus anos, si chega ala, quen sabe o que será, pero polo
de pronto, poida que cedo chegue a Ministro.
Don Manuel, si os socilistas non tiñan leña pa votarlle o lume,
pa facer mais fume e que os problemas deles queden nesa nube de
fume para atacar os do PP, vostede señor fraga dalle leña para que
o fagan.
Non ve como se alporizan, e se sinten aludidos os socialistas, inda
que non dixo nada deles, pero séntense ofendidos pola ofensa os
seus compañeiros de viaxe. Non foi así co que dixo Tardá, sobor
do xefe do Estado, nin o da catenaria de Maleni, a Esperanza, nin
o de Castro, os votantes do PP, e ven agora vostede a darlle leña
mollada pa que fagan mais fume, e teñan por onde arremeter contra
os seus.
Non
chega o de Blanco, tamén contra Esperanza, polo da Bombay. Que grazas
a él, que fixo de Rambo ou de Chuch Norriscomo nas películas de
salvar a compañeiros no Vietnam. Él dende a súa casa en Madrid dirixiu
a manobra, e en pensamento plantouse ala, na forma física dun compañeiro,
e foi capaz de salvar a todos inda cas balas asubiaban por tolos
lados.
Don Manuel Fraga Iribarne, que mais bonito estaría vostede calado,
escribiendo, lendo, tomando o sol nas fermosas illas Canarias, e
deixarse de querer morrer cas botas postas. Agora cando fala algo
hai que taparllo como sexa, pero bueno en vostede esto de soltar
a lingua xa lle ven de lonxe, de cando era mais novo. Pero si tanto
lle quer o seu partido déixeo que se goberne por si mesmo. A vostede
vendo, como foi o outro día, na televisión, cando dixo o que dixo,
xúrollo que eu pensei que o enfocaban por estar durmindo, pois tiña
os ollos pechados ou eso parecía, e de repente solta o dos nacionalistas,
que moita culpa do que pasa en Galiza con eles tívoa vostede. ¿Qué
quere que se diga? Vaia pa terra quente e iralle mellor, descanse
bello León, xa que Carrillo e vostede din cada cousa, que é pa perderlle
o cariño quen llo teña.
15/12/08
 |
|