| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Bos administradores!

Din dos galegos, que vivimos pobres e morremos ricos. Non digo que, non poida haber algún caso, pero o que somos é aforradores e bos administradores, non coma algúns que nos administran os cartos dos impostos que pagamos tódolos cidadáns, para que con eles nos fagan servicios e infraestructuras, e que non os malgasten. O outro día, iamos un bo amigo e mais eu, pola autopista para Vigo, e falando da mesma e do cacho que pensan facer de alongamento da autovía do atlántico Porriño-Pontevedra, puxémonos a preguntarnos a nos mesmos e a facer cálculos de, se non sería mellor e mais barato que a autopista quedase libre de peaxe, en vez de facer ese novo cacho, cos problemas de expropiacións, medioambiente, costo que tería e tempo en facela. Facendo nos, "as contas da vella", diseños: Segundo datos que se contan, a Empresa Nacional de Autopistas (ENA), dona das autopistas AUDASA de Galicia e AUCASA de Asturias, con una lonxitude de 308 kilómetros de tramos de peaxe, vendeuse a unha empresa privada por 1.621 millóns de euros. Ven saíndo a uns 5´5 millóns de euros quilómetro. Se Pontevedra-Vigo son o rededor de 30 quilómetros, pagáronse por eles, uns 165 millóns de euros. Aténdonos, a estas cantidades e quilómetros, o anaco da autovía a facer é duns 48 quilómetros, que despois dos inconvenientes que xa dixen, sae entre 4 e 6 millóns de euros o quilómetro que se faga. O custo saldría entre 192ou 288 millos de euros, con mais certeza a segunda cantidade, que aprimeira, por ser uns prezos de anos pasados, como poden ser do ano2000.

Supoñendo que se quedase o Estado coa autopista poderíalle custar sobor de 165 millóns de euros, mais engadíndolle o que se di "lucro cesante" que poderíase achegar a un 6% por 15 anos, poñámoslle 60 millóns mais, farían un total achegado os 225 millóns mais ou menos.

Ou sexa, que facerse ca autopista é mais barato que facer a nova autovía Pero aínda non é esto todo, pois seica se a autovía merma trafico, que o fará, a autopista, o Estado, ten que pagarlle os donos da mesma, unhas cantidades acordadas, por ese trafico que lle restou a autovía, xa que a Lei, lle obriga a elo.

Son tan listos, que nin fan "as contas da vella" para non estragan os nosos cartos. E agora o PP de Galiza quer, que desaparezca o peaxe de Vigo-Porriño da AP-9 que, custaría menos que facer o cacho de autovía. Ou sexa, din que custaría 100 millos de euros en 40 anos o eliminar o peaxe, e facer a autovía Vigo-Porriño, mais de 150 millos de euros. ¡Meus queridos amigos! Frase do voso patrón. Non botades contas a nada. Venme a cabeza o do rapaz que, co pai estaba vendo un grande barco, dos que ían a Bos Aires, e o pai doulle una labazada o rapaz, por decir que el xa se conformaba co que custaría a chimenea, o rapaz preguntoulle por que lle pegaba, o pai díxolle que a pedir ai que pedir todo, pois para rebaixar ai tempo, e xa están os outros pa facelo.

20/08/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad