| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Vai o bello morrendo e vai aprendendo


Este refrán é moi certo, como aquel outro que sabe mais o Demo por bello, que por Demo. Estes días non fago mais que escoitar que se o novo goberno vai facer una escachifa da lingua galega, das galescolas, de que o lingua galega vai ser unha lingua secundaria, que o portugués, segundo o presidente señor Feijo, vai ser un idioma que se poida estudiar na escola, como outra calquera lingua estranxeira.

Pois ben, eu que xa son bello e estou farto de tanta pelexas polas linguas entre uns e outros nesta Galiza, e só me queda decir, que entre os que queren que só se fale galego, e que o castelán quede como si fora para "rascar bola", fágome un lío que non entendo nada.

O galego que falamos e máis o que escribimos e un castrado, cheo de palabras dos nosos ancestros, das novas que se inventaron os que queren aproveitarse, do mar revolto ganancia de pescadores, outro refrán axeitado po caso, os da tendencia que seica din, que o portugués é o galego, ou que o galego é o portugués, e inda por riba temos unha chea de palabras casteláns-españolas que non nos aclaramos.

Coido que o señor presidente Feijo, quixo facer una das súas novas experiencias, cando estando co embaixador portugués comentou o da enseñanza escolar galega, se estudie o idioma veciño, o cal a ningún galego lle fai falla para entenderse cos portugueses, amenos da metade desa nación para o norte, e mesmo lles pasa os portugueses, que tanto en castelán como en galego-portugués ou portugués-galego ³champurreado, nos entendemos, pero ben, como os políticos fan o que queren sen, que o pobo llo pida, pois ahí queda iso.

Pero o conto non remata ahí, ven cando galeguistas sindicalistas se poñen a dar escola de galeguismo, ¡é a desfeita!, cas novas palabras que se inventan para que creza o vocabulario e decir; ca polémica dos traballadores ca empresa, en vez de chamala polo seu nome. ¡A quén se lle ocurre decir que o que pasou na fabrica de roupa de Caramelo, é un estoupido de cabreo, o asalto, deixándoa como se pasaran as hordas do señor Atila e o seu cabalo! Polo mesmo, temos que entender que tamén son estoupidos de cabreo os que fan os do metal na cidade de Vigo, e non son folgas salvaxes que atentan contra os cidadáns e as empresas, os mobiliarios e inmobles tanto urbanos como empresariales.

Pois xa que postos, engadémoslle a nova palabra, ou mellor, frase o galego: "estoupido de cabreo" en vez de "folga salvaxe", e o diccionario galego tendrá unha nova palabra, que os eruditos sabrán cando empléala. Así non haberá conflictos laborales, parecera que haberá festa rachada e abundante foguetería.


15/06/09

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad