| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Non cuspas o ceo queŠ

Teño un grande amigo, que tivo a mala sorte de cuspir o ceo unhas tres veces, que eu saiba. El fixo, e sempre lle caeu o cuspe na cara. Os refráns teñen moito de certeiros ¡non sempre!, pero algúns cadran, como no caso que bou a contar.

Este amigo escribiu fai xa tempo, poida que mais dun ano, un artigo que o titulaba "Un hombre atado a un perro". Viña a conto da cantidade de homes, que ca súa correa, en vez de levar eles o can, parecía que o can lévavos a eles. O conto é, segundo el dicía, que a muller ou a filla, antollábaselle un canciño deses pequenos, que hai de moitas razas, inda que el lle chama a todos "lulús", mercábanllo e, non comprendía como aqueles homes andaban a pasear o can, e a que fixera as súas necesidades o animal, cando coidaba que tiña que ser a filla ou a muller, que foran as do antollo. Pois dáballe noxo, ver aqueles homes ca cordiña, que mais parecía, que a eles os levaba o can, que o contrario. E de ter que levar eles un can, que fose un can con maiúsculas, un Pastor, un Dogo, un Husky, un Mastín, e non uns "lulús", caniches, pequines, ou como sexan.

Deuse o caso que, por unha necesidade urxente dun parente, tiveron que deixarlle un can, un "lulú" deses que el di, na súa casa, para coidalo mentres os parentes estaban fora. Non podía negarse, e a regañadentes tivo que cóidalo. Tanto cariño lle colleu o can, que se chamaba ³Bubú²que, fixo todo o que das outras persoas renegaba. Pero aínda hai mais, chegou a durmir o can no seu cuarto, e polo día xogaba con el enriba da cama como se fose con un neno. Contoumo e díxome que, por favor non me rira del, ¡pero non me dixo que non o contara!

As outras cousas, foron referentes a seu pai. Pois dicía de rapaz que, a el non lle pasaría o mesmo e criticaba a seu pai, por andar na política, e el foi mais político que seu pai. Dixo tamén que, non faría nada por ninguén, nin por o pobo, dado as criticas maliciosas que facían de seu pai, sen ser certas, incluso aqueles a quen había axudado. E nunca tiveron en conta no lugar, a labor que fixo en ben de todos. Pois el, fixo todo o contrario do que dixo. E o final, tamén o meu amigo levou un pau, de quen lle tiñan que agradecer moitos bos feitos. R

emato recordando a todos o refrán do artigo, "non cuspas o ceo que cheŠ" e con outro que sirve para que nunca digamos: "desta auga non beberei".

27/08/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad