| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

¡Carallo Manoliño!

Eu sonche parvo, pero carallo po rapaz Manoliño. Sabíase que era listo e que facía das súas, pero agora parece que non so quer axudar o neno de Madrid, que estibo con el fai tempo (e con Raxoi xa tivo os seus rifirrafes na Galiza),se non, parece que quer axudar os que queren ver fundir o partido do que é presidente de honra e foi fundador. Haxa ou non, algún problema dentro da casa, el é o menos indicado a falar de sucesións, para que non haxa intrigas entre eles, se é que as hai; e non darlle material do que queren os rivais, cando sobor de todo se están as portas unhas eleccións, con un candidato para elas, e pendentes de facer listas. El é, o que máis calado debería estar, en cuestións de sucesións, pois xa vemos onde está e sempre fala de cambios e de xuventude nas filas do PP, ¿é que el, é o eterno mozo? inda que somos case da mesma quinta. Que se adique a escribir libros e deixe a política para eses novos rapaces que el sempre fala. Vaia a Cuba a xunta seu amigo Fidel e outros amigos mais que alá ten, e ver se algunha mulatiña o axeita un pouco.

Garridiño, Garridiño, púxocho Manoliño, a collón, para que ti que es o menos indicado, digas en nome do teu partido, que quen sabe cal é o teu partido, pero agora estas no PSOE, mañá non se sabe, xa que antes estiveches no PC, e cando viches que non tiñas chance, e a túa agonía política chegaba, chamaches a porta, dos que hoxe te acolleron. Dis que Manoliño ten "amplía experiencia en el interior del PP" é certo, xa se veu en Galiza. El fala de cambios ou sucesión, pero sempre para os outros e, nunca para el. Mellor e mais bonito, estarías calado, ¡meu querido amigo! Moitas veces, ou o maior número das veces, o peixe morre pola boca, e algo parecido che pasa a ti, Manoliño.

03/09/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad