| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Privilexios os cargos publicos

As pensión baixas, algunhas para malvivir o día. Os soldos como son. A economía como vai. Os impostos suben. Eso que lle chaman o euribor subindo. E os señores que van a política, porque queren, pois ninguén os obriga, cobran pluses aparte do soldo, por facer un servizo público. A mai grande parte deles, van buscando uns beneficios económicos que non teñen, se non están na política.

Cando en xullo (como sempre en pleno verán sacan leis, que so a eles lles interesan, para que os paisanos que poden ter algún interese, non se enteren), saíu a nova Lei da Función Pública, onde no artigo 17 di que, os funcionarios que ocupan o ou ocuparon cargo publico percibiran un plus, van ser quén o soliciten, que serán a mayoría, se non, "quen lle mira os dentes a cabalo regalado", salvo algúns que loxicamente non deben estar na política cando teñen compañeiros que aplauden e aproban leis deste xeito. De verdade que tiña que haber políticos que foran verdadeiros servidores públicos e non profesionais dun xornal de euros, que non poden moitos alcázar doutra maneira. Os do Parladoiro Galego cando dixeron si a esta proposta, foron moitos os que afilaron as mans, máis aínda, os do PP, pos coido que poden ser os mais beneficiados polos anos que estiveron no poder. Pero dos partidos do Parladoiro que eu saiba, nieguen dixo ¡señorías, que están facendo! ¡No!, so unha persoa, a directora xeral de Vivenda, Encarna Otero, como cuestión persoal, dixo unha chea de verdades, que lle valeron unha chamada a orden do seu Conselleiro, e tamén do Méndez Romeu. Calquera funcionario que non chegue, porque non queira ser político o non o chamen, cando o que exerce a política se retire, percibirá case quince mil euros mais o ano, que o compañeiro que non estuvo nesa "profesión". Ou sexa que, hai que facela forma de ir a política para ter chance en xubilación e en pluses extraordinarios, apartándonos do soldo e outros beneficios que teñen. Pois inda que sexa de alcalde, presidente de Deputación, deputado autonómico, deputado en cortes ou senador, hai que en entrar nos cargos públicos, para arrebañar mais cartos e ter privilexios, que noutro emprego non ten.

10/09/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad