| Envio de titulares | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
| Xan da Cancela |

Xa temos seleccións autonómicas

Estou que non collo dentro de min. Dende que sei que xa imos ter seleccións nas autonomías, inda que sexan de petanca ou a targa. Este persoeiro Joan Laporta, non debía estar de presidente do Barcelona, el tiña que ser o presidente de Catalunya, que é o que ten que chegar, e rapidiño, pois ten mais de político que de fuboleiro. Vostede quer que Catalunya xogue partidos internacionais con calquera pais, agora xa está facendo todo para que os deixen xogar ca selección dos Estados Unidos, alá pola data do catorce de outubro. Seica que lle pon alguna pega o señor Villar, presidente, amigo seu, da Real Federación Española de Fútbol (RFEF), que sendo home dunha rexión autonómica, non sei como non o deixa xogar cos americanos. Coido, que non será por medo, como eles son tan potentes e Catalunya tan pouca cousa, terá medo que os desfagan, pero él como home de balompé, ten que darse conta que, o país catalá e moito mais forte que o americano, no balompé.

O persoeiro señor Laporta, non sei como andará co representante da (RFEF) de Catalunya o señor Jordi Roche, que segundo di o presidente Laporta non "cociñou" ben o asunto. Por elo digo, que ten que deixar as cousas do balompé e, entrar na política (que ven lle gusta, pois notáselle e, parece que son as súas novas aspiracións) catalana para facer as nacionalidades do xogo, para xogar e participar entre todas elas e, por todo o mundo, en todos xogos que haxa.

Eu pregunto, que fai o Secretario de Estado para o Deporte, ese señor que ten un apelido moi raro, que non toma unha decisión dunha vez por todas. E si el non pode, que fale con quen manda mais que él, e escomencemos a xogar. Eu quero ver a Galiza contra Bos Aires, trabuqueime, contra Arxentina. Contra todos países donde os galegos estamos espallados por outros países. Cacho equipazo de balompé iamos a ter. E nos campionatos de brisca, mus, subastado, escoba, ben o da escoba deixámolo, non vaia a ser que nos den con ela. Adiante, que si bou a Catalunya, empadróome e xa te voto amigo, vouche chamar XOAN, nos temos que andar polo mundo pero co peito fora dicindo quen somos e, aquí estamos nos. Galiza, Euskadi e Catalunya, os demais que seŠ Non sexan mal pensados. (Que se gobernen).

17/09/07

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad