noticiasgalicia.com
   
   | Galicia en Páxinas | Vinos | Golf | GaliciaEmpleo | Parque Natural Islas Atlánticas | ViajarGalicia | DirectorioWebsGallegas | Pueblos de Galicia | El Tiempo |
   | Envio de titulares | Página de inicio | Agregar a favoritos | |
TRIBUNA ABIERTA
LIBERTAD RESPONSABLE, JUEGO LIMPIO | Miguel Cancio

Tipos de votos e de abstencións

A.- ANALISE DAS DIFERENTES FORMAS DE VOTAR NO DIA DA VOTACION

1. Falamos do Zoom politikon (Home Político según Aristóteles), do Homo res publica (O Home da cousa pública), da Vox Populi, da Voz do Pobo que se expresa por medio do voto e mediante o cal exerce ab initio a soberanía que democráticamente reside no pobo, neste caso no pobo español (Constitución española, artígo 1). Pero ¡ollo! a democracia non consiste soio na necesaria lexitimación en orixe, ab initio por o voto expresado democraticamente cas debidas garantías e de forma limpa. Ademias da lexitimación en orixe, ab initio e necesaria a lexitimación in vigilando, a lexitimación da democracia que se leva a cabo por os controis democráticos e dentro do Imperio da Lei, do Estado de dereito. Ao falar da votación falamos do rito do voto, do que os romanos chamaban Sufragium nas Comitia Tributa (Sufraxios nos Comicios da Tribu); falamos da cidadanía (Civitas) que, por medio das eleccions, preocupase ou debe preocuparse da polis, da cidade, da cousa publica. O axente social, o mesmo tiempo que fae unha historia persoal, fae unha historia social; a mellor forma de preocuparse por os intereses personais é non olvidarse nunca dos intereses xerais. Anteriormente, ao principio da democracia, en Galicia mais que en España, o voto para moitos non se encarnou, socializou, institucionalizou de forma maioritaria, non formaba parte dos seus ritos sociais por o que había bastante mais abstención que no resto de España. Con o paso do tiempo boa parte da poboación galega encarnou esta practica política, socializouse neste rito social; rito do que se fala, comenta a todas horas, vivese e do que non se quere estar o marge, o contrario, o axente quere formar parte da cidadanía que vota, decide, do Zoom politikon, do Homo res publica; o axente, por diversas formas de acción política, quere formar parte da Vox Populi. Por certo, hai un dito latino que dice e dice ben: In res publica probus - Na cousa publica hai que ser honrado. E ¡ollo! tamen na privada. Polo tanto, In res publica et privata probus: Na cousa publica e privada honrados e poderiamos engadir: humilis, humanus et competentis, e decir, humildes, humanos e competentes.

2. Antes había o Voto Paterfamilias, o voto do cabeza de familia que, debido a socialización descendente, influía, e de que maneira, por a boas e por as malas, no voto de toda a familia. Agora ten lugar o Voto Filiusfamilias mediante o cal o fillo, os fillos, debido a socialización ascendente, influe/en no voto dos seus pais e no resto da familia.

3. Voto Brunch ou, ainda mellor, Voto-Sufragium Brunch, Coffee, Tea ou Merenda e ata Cea, todo xunto. O xoven que saliu de movida after hours, fae o desayuno, a comida o café, o té, a merenda e a cea, todo xunto e vae a votar a última hora, cando vota, pois, os xovenes forman parte dos que mais se absteñen.

4. Voto sesión vermut; voto misa de doce o da unha o da tarde-noite; Voto taberneiro, Voto dende os bares, tabernas, cafes. As tabernas, bares e cafes, como viña sucedendo en Galicia e España (de ahí, entre outras cousas, o seo éxito para o turismo, para os visitantes debido a calidade convivencial de vida), son un lugar estratéxico para o desenrolo do capital político, social e convivencial, para o capital social, por suposto, para o voto e para, antes e despois, comentar a xogada. Lamentablemente, en Galicia e no resto de España, estáse perdendo este capital social, este capital relacional, este capital vital como se entendía antes nos bares entre os patrons, encargados, camareiros e clientes dos mesmos é que en certa forma formaban unha especie de familia forma moi convivencial. Este capital social, convivencial, vital é fundamental para o enriquecemento social, human. En bastantes casos mais pode ser menos; mais progreso material, de diseño, etc., mas calidade material de vida pode supoñer un atraso, un retroceso na calidade human, espiritual de vida (capital espiritual), pode dar lugar a desertización das relación sociais, a su degradación e generar soedade, depresións. Problema, o da soedade non querida nen buscada, o da depresión (grave enfermedade do século XX e XXI) que se esta disparando en pobos, vilas e cidades galegas, españolas, etc.

5. Voto enxoiado, Voto bling bling (sonido das xoias); Voto People; Pipolizacion da política.

6. Voto pasarela cando os electores van feitos unhos brazos de mar. Hai pasarela de modelazos, coches e incluso de tratores e outros inxenios, métodos de transporte.

7. Sufragium vehiculum; Voto vehiculizado: van buscar o elector, o levan o traen e ata o poden invitar a unhos chanqueiros, a un pulpiño ou polviño, empanadiña, cacholiña, cachuchiña. Por a forma do vehiculum ou carro temos o Sufragium currus, raeda, cisium, cuadriga, etc.

8. Sufragium domus cum sequitum; voto chave en man, papeleta servida na man, a domicilio, en plan gran comitiva de persoeiros, sequito ou de intermediarios varios.

9. Voto home anuncio ou Voto cantado: Sufragium cantatus, alardeado versus o Voto secreto por cabina electoral dun en un, o voto mais secreto ou segredo, persoal e intransferible e que defendemos para España tal como se fae nos países occidentais nas democracias con mais garantías. Para facer posible o voto realmente secreto, persoal e intransferible, para evitar calquera tipo de imposición defendemos a supresión da entrega das papeletas electorais e a obligación de votar dun en un pasando por as cabinas electorais para coller a papeleta ou para marcar o voto e, despois, para depositar o sobre electoral na urna. Este ano ao ir a votar vin como un home lle daba a sua esposa, ao chegar o lugar do voto, o sobre electoral que tiña que entregarlle o presidente de mesa electoral.

10. Voto me fago un lio co carnet; Voto descarnetado e cabreado ao olvidar o carnet na casa.

11. Voto me fago un lio cos distritos, cas seccions, mesas electorais na que ten que votar o elector. O votante debe recorrer varias sitios ata encontrar o seo distrito, sección e mesa electoral. O cal lle cabrea moito. Incluso, a veces non atopa o sitio e non pode votar.

12. Voto despadronado, Descensado ou cabreado, Voto fallido que no ten lugar: o elector non poder votar ao non estar empadronado ao non preocuparse, verificar si estaba no padrón, no censo electoral polo cal montalle un numero o presidente da mesa electoral, a toda a mesa. O elector vai de sitio en sitio a ver si pode votar, si lle poden solucionar o que no ten solución.

13. Sufragium ultimus: voto dos rezagados, dos últimos de Filipinas ou Sufragium dos derradeiros: Vamos Maruxa ¡que pechan! ¡que non chegamos!

14. Voto dos que gañan sempre tamen conocido pola denominación: Voto Pio Cabanillas-Gañamos pero non sabemos quenes. Na familia somos tres e cada un vota ao seo, aos tres candidatos, aos candidatos mais importantes para gañar sempre. Hai outros que, en dictadura, democracia, con unhos partidos e outros, ao largo do tempo, gañan sempre señan quenes señan os que gañan as eleccions, sempre sacan tallada, están no poder, se benefician do poder, dos que o ocupan, controlan, etc.

15. Voto Win Win non Loser; Sufragium gañador, voto para ganar, voto ganador non perdedor: o elector quere votar o que gaña, o que conta é saca escaños, non quere sentirse perdedor, que o seu voto non conte. De ahí a importancia do marketing para traballar, para tratar de controlar a determinados electores.

16. Sufragium Fuzzy Logic, de Lóxica borrosa, de sube e baixa: voto-sufragium ³ti xa sabes e eo que ques que che diga²; voto: se cadra este e bon pero o outro non e malo.

17. Voto nin nin ou nem nem, nin este nin aquel; voto-Sufragium contra; Sufragium criticus; Sufragium opossitium, Oppositionis, Adversor. O voto en contra é moi traballado por determinados partidos e forzas para, por medio do marketing de combate, da chamada War Room, dos Spindoctors, dos medios de comunicación e outros moitos emisores, por medio dun proceso guerracivilista, anticlerical de desinformación, intoxicación, manipulación e contaminación (do alimento e medio espiritual, inmaterial), de deslexitimación, desestabilización e liquidación dos principais competidores conquerir que un candidato, partido, etc. se vexa moi reixeitado hasta o punto de que os electores se movilicen e acudan as urnas para, por todos os medios posibles, tratar de evitar que gane dito candidato, partido, para votar contra eles. Lembremos que nas elección lexislativas españolas do 9M (09-03-08) a guía electoral do PSOE decía que había que tratar ao PP como Bunker de Extrema dereita e que o presidente do goberno español e candidato a ditas eleccions, Rodríguez Zapatero, lle dixo ao periodista Gabilondo durante a campaña electoral que iba aumentar a tensión, a dramatización nas suas intervencións porque sinon a xente xa se sabe. Gabilondo lle respondeu que a tensión a dramatización lles conveñen moito. Rodriguez Zapatero, asentindo, respondeu: moitisimo.

18. Sufragium fidei, voto de fe é ata a morte e mais alá; Sufragium fanaticus, e decir, voto do tipo Celta-Deportivo, Betis-Sevilla, Oviedo-Gijon, Madrid-Barcelona, etc. Tratase dun voto moi creente, moi militante. Os votantes votan ao seus, ao seu equipo, partido, pase o que pase, faga o que faga.

19. Sufragium cogitatio, deliberatio, reflexum; voto reflexivo, moi pensado, deliberado, reflexionado; os electores votan en función dunha reflexión, dunha valoración, dunha analise sobre o que fixeron as ofertas electorais. A partir de Bergson: Hai que actuar como home reflexivo, de pensamento e pensar noblemente para actuar política, electoral e socialmente, para tratar de resolver os problemas sociais de forma honrada, xusta, libre, creativa e humana.

20. Sufragium commodus para quedar ben ou Sufragium at dictatum: no queren líos e votan ao que lle dice, lle dicta o marido, a muller, o pai, o fillo, o intermediario, o cacique vello e novo, etc. Tamen poderiamos falar do Sufragium Impositus: voto ao dictado, imposto, sometido para non cabrearse, non discutir, non ter problemas, para baixar a cabeza e decir amen. Thomas Bernhard: "A veces levantamos a cabeza e cremos que temos que decir a verdade, a a voltamos a baixar, iso é todo². O poeta galego Lois Pereiro (falecido) autor de Poemas últimos de amor i enfermedade engadiu ao que decía Bernhard: Sen embargo, algun de nos no se resigna a ter que agachala, a olvidarse do que vemos e a calar, esa e a ruptura que ainda temos ao noso alcance, a sutil insumision, a rebeldia contra o estado de cousas que hai, que sufrimos". A partir de Democrito: ³Cando o malos sirven de exemplo e os boos de burla todo esta perdido salvo que os boos se movilicen de forma rigurosa e permanente, e loiten por unha democracia e economía de xogo limpio, por o ben, por a xusticia xusta, por a verdade².

21. Sufragium utilis: voto que unha parte dos electores consideran útil é hai axentes, medios, emisores, intermediarios, grupos, forzas, etc. que tratan de convencelos de que voten util, de cal é o voto util; hai electores que queren votar aos que se dan como gañadores, como verdadeiros e autenticos representantes do pobo e non se queren meter en lios pois eles no pensan moito nin saben moito de que vai a cousa, que é o que esta en xogo (pensemos no caso do referendum europeo cando Los Morancos e Los del Rio pediron o voto sí para dito referendum decindo que eles non sabían de que iba a cousa eso da constitución-tratado da Unión Europea pero como o presidente ZP, o Ministro de Exteriores Moratinos, o goberno español pedía o sí había que votar sí porque eles sí que sabían de que iba a cousa); hai outros electores que queren formar parte dos mais potentes, non queren ser minoritarios, queren formar parte dos que menos votos teñen.

22. Voto con foto, ao da foto: chegan a furna para votar ao da foto electoral; Sufragium vedettes, Sufragium patres, patricios, senator, consules, homo novus, ediles elexidos nos Comitia Tributa. Sufraxio da sociedade do espectaculo, da imaxe, dos impactos mediáticos.

23. Voto nuntius, Sufragium correus, metssage: voto por mensaxe ou correo; voto por correo persoal ou voto por correo dirixido, comprado, preparado con a colaboración do votante e, sobre todo, de axentes electorais dos partidos, das forzas políticas que movilizan a ditos axentes, incluso con embaixadores especiais nomeados por o goberno, para conquerir votos por este procedemento.

24. Voto comprado: Sufragium tabernae (que se negocia en plan tendeiro: tenda en latín significa taberna), Sufragium negotium, Sufragium comisionis, Voto cum compratoris, intermediatoris, caciques, traficantes.

25. Sufragium vigilato; Sufragio vigilado, Voto controlado: dase en pobos, vilas onde se entregan personalmente os sobres electorais ao elector e despois controlan si este vae votar e llo faen saber. O controlado, si se cabrea ou non quere votar por os que lle deron o sobre electoral, por os que lle queren impoñer os intermediarios, caciques, etc. trata de darlle por o saco aos vixilantes, aos controladores e cambia a papeleta electoral na casa por outro voto. Coñezo casos no meu pobo.

26. Sufragium militantis, pugnator: voto militante, voto de combate, voto guerreiro; votan ainda que chova, trone, ainda que teñan que desplazarse moi lonxe.

27. Sufragium non pugnator, voto moi pouco militante: as primeiras de cambio, porque chove ou por calqueira disculpa deixan de votar.

28. Sufragium provocationis, reclamationis, protestationis; voto a determinados personaxes, candidaturas, para provocar, protestar. Recordemos os votos a hungara Cicciolini (actriz porno, que foi elexida parlamentaria en Italia por o Partido Radical e que se fixo famosa en todo o mundo mostrando os seos), a Coluche en Francia (famoso cómico francés, que se presentou a presidente da República francesa e foi apoiado por grandes figuras intelectuais como Bourdieu e outros), a Gil y Gil e Ruiz Mateos en España, etc.

ANALISE DA ABSTENCION

Sufragium abstentum, abstentio, abstentionis. Tratase dos electores que se manteñen lonxe das eleccions, que se absteñen, que non participan nas eleccions, que non votan e por diferentes razons. Sinalamos os seguintes:

1.- Narcisus-abstentio: abstencion dos narcisos, dos que se sinten por enriba, según eles, da plebe, do populacho, da masa que vota: ¡Oh Pueblo Imbécil!

2.- Abstencion piège a cons (Abstención: trampa para os gilipollas, pintada do Mayo do 68 en París). As eleccions son unha porquería (cita de Fidel Castro en 1964). Vota ti ca min dame a risa. Se trata da abstención electoral e da sua defensa por os que, por diversas razons, están en contra do sistema político occidental basado nas elecciones e que eles (nazis, fascistas, comunistas, anarquistas, acratas, fundamentalistas, izquierdistas varios, nihilistas, destruccionistas varios, etc.) consideran unha manifestación da opresión da burguesía por medio da democracia formal, engatusadora, unha marranada, unha trampa para bobos que se deixan engatusar, levar ao horto.

3.- Pasotaris abstentio: Abstención dos pasotas, dos que pasan, non lles interesa a política por eso non van votar. Os Pasotaris abstentionis poden dexenerar en Abstentionis colgatus, Abstencionistas colgaos, fumaos, piraos, fora de onda e fora de bolos.

4.- Abstentio criticus, censuratius, reclamatio, protestationis. Abstención, voto nulo ou en blanco daqueles que estándo dacordo con o sistema democrático pero non como funciona, como esta organizado, montado o tinglado, por eso non votan ou votan en blanco ou se absteñen.


12/03/08


cpcancio@usc.es
miguelcancio.com

No hay comentarios
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: noticiasgalicia@gpx.es Optimizada para 800 x 600 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad