TuriActualidad
Bodegas Martín Códax, presentou a mostra "Música de pedra e cantos de peregrinacións" que se expoñerá desde o 18 de outubro ata o 10 de novembro na sé de Turismo Rías Baixas e na que colabora o Xacobeo
noticiasgalicia.19/10/11.- Bodegas Martín Códax presentou na sede de Turismo Rías Baixas de Pontevedra a exposición itinerante "Música de Pedra e Cantos de Peregrinacións" que estará presente dende o 18 de outubro ata o próximo 10 de novembro e que alberga un total de 17 instrumentos medievais, reproducidos a partir dos modelos que aparecen no Pórtico da Gloria, o Pazo de Xelmírez ou as Cantigas de Santa María, entre outras fontes iconográficas. Na mostra, que estivo exposta con anterioridade en Santiago, Ourense e Lugo, onde recibiu a visita de máis de 110.000 persoas, reprodúcese tamén o último concerto dado polo grupo de Música na Catedral de Santiago o pasado verán e complétase cos cadros cedidos polo Xacobeo que reflicten as fontes iconográficas de onde se obtiveron os instrumentos.

Pero, sen dúbida, o protagonista indiscutible desta exposición é o organistrum, un instrumento de corda de valor único que require de dúas persoas para poder ser tocado. Ao acto de inauguración acudiron o Presidente de Bodegas Martín Códax, José Martínez Chantada, o director do Grupo de Música Antiga Martín Códax, Miguel Angel Fariña, a deputada Ana Isabel Vázquez e o Xefe do Area de Exposiciones e Publicacións do Xacobeo, Francisco Singul. José Martínez Chantada, destacou a importancia que ten para Bodegas Martín Códax o apoio á cultura galega e, tras un repaso das mostras pasadas, mostrou a súa satisfacción por expoñela agora en Pontevedra, "una das capitais galegas con maior riqueza cultural coñecida en todo o mundo".

O director do grupo de Música Antiga Martín Códax, Miguel Ángel Fariña, coincidía con isto e ademais facía referencia ao nexo que ten o grupo coa cidade de Pontevedra, ao ser moitos dos seus compoñentes naturais desta cidade. Pola súa parte, a deputada Ana Isabel Blanco e o Xefe do Area de Exposiciones e Publicacións do Xacobeo, Francisco Singul, destacaron a importancia do apoio e fomento da cultura galega por parte de iniciativas privadas e mostraron a dispoñibilidade da deputación e o xacobeo, respectivamente, para seguir colaborando neste tipo de eventos.

Horario da exposición:
De Martes a Venres: De 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 hras.
Sábados e Domingos: De 10.00 a 14.00 hras.
Luns e festivos: Pechado ao público.

1.- A exposición está auspiciada pola bodega "Martín Códax":
• Consta de 17 instrumentos musicais da etapa Medieval que foron reproducidos das diferentes producción que se ven en fontes como o Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago, o Pazo de Xelmírez ou as Cantigas de Santa María.
• Eses instrumentos utilizábanse para alegrar o Camiño de Santiago ou as festas relixiosas dos séculos XII-XIV
• Os instrumentos son utilizados polo Grupo de Música Antigua Martín Códax, fundado en 1993.
• Na exposición poderán verse instrumentos (que utiliza o grupo) como a Fídula; Violas anteriores ó Renacemento; a Dulcema, un documento de cordas moi particular; o Organistrum (que da nome a un coñecido viño de Martín Códax), un instrumentos de corda de valor único pois require de dúas personas para tocalo, etc. , etc.
• A mostra estivo presente no 2010 no Pazo de Fonseca, en Santiago, no Centro Cultural da Deputación de Ourense, no de Lugo, etc. No seu percorrido foi vista por 100.000 personas.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad