TuriActualidad
O Destino Turismo Rías Baixas resistiu á crise perante o mes de agosto cunha ocupación do 76,68%
noticiasgalicia.02/09/11.- O vicepresidente da Deputación e presidente de Turismo Rías Baixas, José Manuel Figueroa, asegurou que o Destino Turismo Rías Baixas "resistiu a crise perante o mes de agosto, cunha ocupación do 76,68%". Segundo informou, a previsión estimada de ocupación era de entre o 65 e o 70% polo que dixo "están superadas as previsións, aínda que cun lixeiro descenso en relación a agosto do 2010 que recordou era ano Xacobeo".

Á espera de realizar un balance completo de todo o verán, Figueroa adiantou debemos estar en torno ós 3 millóns de pernoctacións e un millón de visitantes. José Manuel Figueroa afirmou que dente Turismo Rías Baixas "estamos razoablemente satisfeitos xa que aínda que os resultados de Xullo non foron os esperados debido ó mal tempo e á crise, perante o mes de agosto se cumpriron os obxectivos". Así, para Figueroa "o mes de agosto compensou ó mes de xullo que tivo unha ocupación do 53,76% cun descenso do 13% con respecto ó 2010". Comparativamente, apuntou o responsable de Turismo, "o mes de agosto supera en 23 puntos o mes de xullo"; e rexistrou unha ocupación total na ponte do 12 ó 15 de agosto".

Os comportamentos de todas as zonas turísticas son moi positivos, afirmou Figueroa, polo que consideramos "ás Rías Baixas como un destino de calidade consolidando que vamos a seguir potenciando". Precisamente, o presidente de Turismo Rías Baixas considera que as campañas de promoción e proximidade realizadas en colaboración con Anfaco e coa DO Rías Baixas deron un resultado moi positivo. Finalmente, Figueroa deu a coñecer o perfil do turismo nacional que está en torno ó 92% ( principalmente de Madrid Valencia Biscaia, Barcelona e Valladolid) e do internacional que chega ó 7,57% ( Francia e Reino Unido maioritariamente). O gasto medio oscilou entre os 50 e os 90¤ e a estancia media tamén baixa respecto a 2010. Asemade, o sistema de reserva dos actual é de última hora. Segundo Figueroa, de cara ó mes de setembro prevese unha alta ocupación no turismo rural.

canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
©Galicia en PáXinas S.L.
 | gpx.es | noticiasgalicia.com | ViajarGalicia.com | parquenaturalislasatlanticas.com | vinosgallegos.net | golfgalicia.net |
| directoriowebsgallegas.com | pueblosdegalicia.com | confidencialgalicia.com |
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad