banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Baiona | A Guarda | O Rosal   google callejero cine cine labolsa

O BNG esixe á Xunta que garanta a viabilidade do museo Marco cunha programación de calidade

 

noticiasgalicia.- O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, e a deputada no Parlamento galego, Carme Adán, manifestaron este xoves a preocupación dos e das nacionalistas polo futuro do Marco. Na súa comparecencia presentaron diversas iniciativas que reclaman á Xunta de Galiza o seu compromiso coa viabilidade do museo vigués cunha programación atractiva e de calidade, como viña desenvolvendo ata a actualidade.

Santi Domínguez destacou o traballo feito a prol da cultura nos catro anos anteriores, cando o BNG impulsou a rede museística da cidade, da que o Marco "é unha peza fundamental". Neste sentido salientou a revitalización do Museo Quiñones de León como Museo da Cidade, a apertura da Pinacoteca, a musealización dos xacementos de O Castro e Toralla e o inicio do Centro Galego de Fotografía. "Non entendemos como se están dilapidando millóns na Cidade da Cultura e dende a Xunta se deixa esmorecer a este museo², denunciou o portavoz municipal do BNG. Criticou tamén que da Secretaría Xeral de Cultura ³non sabemos nada, despois de que Novagalicia Banco anunciara a súa marcha do Padroado".

O nacionalista tamén fixo referencia a publicación hoxe do peche do Museo Liste. Asegurou que os museos son "elementos moi importantes no desenvolvemento dun pobo, pero tamén en canto á recuperación económica no eido da cultura e na atracción turística". Ao seu xuízo, "en tempo de crise, apostar pola cultura é apostar pola economía e polo emprego". Carme Adán, nesta liña, criticou que a Fundación Cidade da Cultura prevé manexar uns orzamentos de máis de 17 millóns de euros, "e pola contra pon trabas para facer a achega de 160.000 euros ao Marco². Segundo a deputada nacionalista, é unha cifra similar a todo o que gasta o goberno galego para atender arquivos, bibliotecas, museos e equipamentos culturais.

"Neste momento todos os cartos están sendo enterrados na Cidade da Cultura, que non ten nin proxecto", criticou. A deputada do BNG salientou o papel que xoga o Marco como dinamizador da vida cultural de Vigo a través do seu programa de exposicións e actividades. Nese sentido destacou as máis de 110.000 visitas que recibiu o museo no 2011, converténdose en referente no só da cidade, senón de Galiza e o resto do estado. "Queremos saber se a Secretaría Xeral de Cultura vai garantir a viabilidade do Marco cunha programación de calidade", subliñou. En resposta aos medios, Carme Adán referiuse tamén a evolución do orzamento do museo dende 2009, ano no que contou con 300.000 euros. Asegurou que o goberno galego reduciu drasticamente as súas achegas e criticou que mesmo ³a finais de 2011 o goberno galego aínda non fixera a achega correspondente a ese ano, ou ben por mala fe política ou por mala xestión²".

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad