banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Baiona | A Guarda | O Rosal   google callejero cine cine labolsa

Participación Cidadá informa das iniciativas para a mocidade da consellería de Traballo e Benestar

 

noticiasgalicia.- AA concellería de Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón informou hoxe de dúas iniciativas promovidas pola dirección xeral de Xuventude e Voluntariado da consellería de Traballo e Benestar das que se poden beneficiar os mozos e mozas mosenses. Trátase do Programa Iniciativa Xove e de fins de semana multiaventura no Albergue de Gandarío e no Aeródromo da Fervenza. O Programa Iniciativa Xove son unha liña de axudas para que os propios mozos e mozas poidan realizar proxectos e iniciativas interesantes que, á súa vez, revertan na mocidade de hoxe. Ditas actividades deben ser realizadas entre o 1 de xaneiro e o 30 de setembro de 2012.

O grupo organizador debe de estar formado por un mínimo de 5 persoas e un máximo de 10, todas elas con idades comprendidas entre os 18 e os 29 anos; mentres que as persoas ás que se dirixe o proxecto a realizar poderán ser de entre 12 e 35 anos de idade. Para solicitar estas axudas os grupos interesados deberán presentar a documentación necesaria nun rexistro oficial ou ben electrónicamente no enderezo https://sede.xunta.es

Respecto das fins de semana multiaventura dicir que o Programa Roteiros que desenvolve cada ano a consellería de Traballo e Benestar oferta 336 prazas entre o 3 de febreiro e o 25 de marzo para mozos e mozas Galegos de entre 18 e 35 anos. A iniciativa terá lugar no Albergue de Gandarío e no Aeródromo da Fervenza no Concello de Mazaricos. Os interesados en participar xa poden inscribirse chamando ós números de teléfono 981545937, 981545702, 981541689 e 981545822 en horario de 09.00 a 14.00 horas. No Albergue de Gandarío desenvolverase o programa ŒDende o Mar¹ no que se realizarán actividades náuticas de navegación en cruceiro, turismo mariñeiro con percorrido en kaiak, de windsurf e barco escola. No Aeródromo da Fervenza terá lugar o programa "Dende o Ar" no que se realizarán actividades como rappel, escalada, rutas en bicicleta, tiro could e piragüismo.

Tamén existe a posibilidade de realizar voos en ultralixeiro sobrevoando o encoro da Fervenza ou unha ruta en barco por dito encoro. Os interesados en obter máis información sobre estas iniciativas poden dirixirse ó departamento municipal de Participación Cidadá, ubicado no Multiusos das Pozas ou chamar ó número de teléfono 986339404.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad