VIGO
El Tiempo

Verdegaia solicita ó Concello de Vigo a instalación de illetas de reciclaxe no P.T.L. de Vigo

noticiasgalicia.- Verdegaia vén de solicitar ó Concello de Vigo, mediante a presentación dun escrito ante a Concellalía de Servizos Xerais, Vías e obras, a instalación de illetas de reciclaxe no Parque Tecnolóxico e Loxístico de Vigo, situado na parroquia viguesa de Valadares. Así mesmo, dende a nosa Asociación ecoloxista tamén solicitamos que se realice unha campaña de concienciación e de información na empresas ubicadas nesta zona empresarial para que os traballadores tomen conciencia desta instalación e separen os residuos para a súa posterior reciclaxe.

No citado escrito tamén se solicita que unha vez colocadas as novas ³illetas de reciclaxe², se recolla periodicamente o lixo que nelas se deposite.

Cómpre ter en conta que o Parque Tecnolóxco e Loxístico (P.T.L.) de Vigo xera unha enorme cantidade de Residuos Sólidos Urbanos (R.S.U.), moitos dos cales son reciclables, e que neste lugar non existe ningún dispositivo de recollida selectiva de lixo que faga posible a posterior reciclaxe destes residuos polo que son depositados nos contentores de lixo convencional e, consecuentemente, non se reciclan.


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas