180 palilleiras déronse cita en
Costoias o sábado pola tarde
|
noticiasgalicia.-
O sábado, día 20 de xuño, celebrouse en Costoias, na parroquia
mosense de Tameiga, o II Encontro de Palilleiras. Segundo
datos aportados pola organización do evento o sábado reuníronse,
dende as cinco da tarde e baixo unha gran carpa, un total
de 180 palilleiras e palilleiros que se desprazaron ata Mos
procedentes de diversas partes de Galicia. Houbo representación
de municipios coma Silleda, Vigo, Cambados, Porriño ou Caldelas
de Tui entre outros.
De entre tódolos participantes foron tan só dous homes os
que se adicaron a palillar. Ademais dos palillos os asistentes
pudieron contemplar outras formas de artesanía tales coma
a cestería e a zapatería. Dous obradores da Universidade de
Vigo e naturais, ambos, da localidade de Mondariz, estiveron
elaborando durante toda a tarde varios exemplares de calzado
e de pezas de mimbre e outros materiais.
O cesteiro chámase Antonio Campelo e conta cunha sala que
expón permanentemente parte da súa obra na Casa do Concello
de Mondariz Balneario. O zapateiro é Carlos Barros Fontán,
máis coñecido como Tango, ó que a arte de traballar o calzado
lle ven de familia: o seu pai instalou a zapatería que el
agora rexenta en Mondariz, no ano 1950. A xuntanza completou
o seu contido artístico cunha exposición de encaixe na Asociación
Cultural San Martín de Costoias e a actuación do grupo de
gaiteiros de dita asociación. Entre os compoñentes da agrupación
musical de gaitas atópase o edil de Vías e Obras, José María
Pereira. Ademais deste último, nos actos do II Encontro de
Palilleiras estiveron presentes a Alcaldesa, Nidia Arévalo,
e a concelleira de Cultura, Sandra Temes.
Ampla representación mosense
Como boas anfitrionas, as palilleiras do Concello de Mos foron
as que maior representación lle aportaron á xuntanza do sábado
pola tarde. Tal e como informou a organización, de entre as
180 procedentes de toda a comunidade autónoma galega, un total
de 60 palilleiras das 10 parroquias mosenses, participaron
neste II Encontro. |
|
canal
islas
atlánticas
|
canal
vinos
|
canal inmobiliario
|
canal
viajar
|
canal
empleo
|
canal
pueblos
|
canal
golf
|
canal
museos
|
canal
directorio
|
canal
empresas
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|