banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Baiona | A Guarda | O Rosal   google callejero cine cine labolsa

O BNG pide a convocatoria urxente do Consello Social da Cidade antes do 13 de febreiro

 

noticiasgalicia.- O portavoz municipal do BNG, Santi Domínguez, solicitou hoxe a convocatoria urxente do Consello Social da Cidade "para que haxa un pronunciamento de todos os sectores da cidade a prol de que se busque unha solución efectiva e real para o sector naval da comarca". Os nacionalistas defenden que este organismo sexa convocado antes do 13 de febreiro "habida conta de que nesa data Vulcano deberá ter unha solución enriba da mesa para evitar o seu peche", explicou Santi Domínguez.

"Consideramos imprescindible que o organismo no que están representados as formacións políticas, os sindicatos, e os colectivos da cidade se pronuncie e que esta consideración chega á Xunta e ao goberno central", salientou o portavoz municipal nacionalista. Segundo sinalou Santi Domínguez, en circunstancias similares, outros goberno europeos tomaron ³decisións urxentes e drásticas que posibilitaron o reflote e continuidade de estaleiros como Vulcano e Barreras². O portavoz do BNG dixo non entender por que en Galiza e en España non se fai o mesmo. "A situación de crise pola que atravesa Vigo e a súa comarca verase moito máis agravada se non somos quen de manter a actividade dos nosos estaleiros", asegurou.

Neste sentido apuntou que o naval vigués ten posibilidade de acadar novos contratos e novas cargas de traballo, así como capacidade para desenvolvelo. Para Santi Domínguez, é necesario que "de xeito urxente" a Xunta e o goberno central presionen á Unión Europea para conquerir unha nova normativa fiscal, un novo tax lease, "que permita o financiamento e a consecución deses novos contratos", afirmou. "O BNG insta ao goberno local a que, máis que facer declaracións, actúe coordinando e convocando ao Consello Social da cidade para que xuntos presionemos para salvar o noso naval", concluiu Santi Domínguez.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad