|
noticiasgalicia.-
A finais de abril estará rematada a escola infantil Mestres
Goldar, que ofrecerá 100 novas prazas para nenos e nenas
da cidade. Deste xeito, prácticamente se duplica a oferta
que existía en 2007 -de 300 prazas-, tendo en conta que
este ano abriron as súas portas os centros municipais de
Tomás Alonso e Casiano Martínez.
A Xunta de Goberno local do pasado 8 de marzo aprobou o
proxecto modificado da Escola Infantil Mestres Goldar, adxudicado
por 315.000 euros. Segundo o rexedor, este cambio responde
a necesidade de protexer a escaleira que comunica as tres
prantas do edificio conforme á norma técnica. Esta decisión,
puntualizou, non supón ningún custo adicional nin retraso
na finalización das obras previsto para finais de abril.
A posta en marcha desta escola infantil aportará 100 novas
prazas, ás que hai que sumar as 150 procedentes de Casiano
Martínez e Tomás Alonso, que abriron as súas portas este
curso. O rexedor comparou este crecemento coas 300 prazas
que "atopou cando chegou á Alcaldía", explicando
"que prácticamente duplicamos o número de prazas durante
estes seis anos, aumentamos o mesmo neste tempo que en toda
a historia da cidade". Esta aportación ven sumarse
á subvención que o Concello aporta para sufragar outro centro
infantil da Xunta.
|