|
noticiasgalicia.-
A concelleira do BNG, Iolanda Veloso, criticou este luns
o incumprimento da ordenanza de Normalización Lingüística
por parte do goberno municipal nun anuncio institucional
publicado este fin de semana nun xornal local, ao utilizar
só o castelán.
Co obxectivo de que se respecte a lexislación vixente no
tocante ao uso do idioma, a edil nacionalista anunciou que
o BNG presentará un rogo no vindeiro pleno da corporación.
Para Iolanda Veloso, non só resulta criticable a publicación
dun anuncio publicitario "sen ningún tipo de información
relevante".
Tamén considera un despilfarro gastar arredor de 4.000 euros
nunha publicidade destas características, sobre todo nun
momento de crise como o actual no que eses cartos poder
ser empregados noutras iniciativas de fins sociais.
A concelleira nacionalista explicou que a ordenanza de Normalización
Lingüística do Concello de Vigo (aprobada por unanimidade
en 1988) especifica no seu artigo IX que os anuncios publicados
en ³calquera medio de comunicación radicado no territorio
da nosa Comunidade Autónoma, serán redactados en galego².
Neste sentido insta ao goberno municipal a cumprir a lexislación
vixente.
|