|
noticiasgalicia.-
O Club Baloncesto Seis do Nadal organizará nesta nova tempada
2010/2011 o I Clínic de Baloncesto 2010 dirixido a técnicos,
adestradores e monitores o próximo sábado día 28 de agosto
do 2010 no Colexio Celso Emilio Ferrerio. Seguindo a liña
de actuación no ámbito deportivo das pasadas campañas, o
club adica os primeiros meses de cada tempada á formación
constante e continua dos técnicos e monitores da entidade,
e dos adestradores vigueses e galegos en xeral. Nas pasadas
tempadas o club olívico organizaba diversas charlas fomativas
nos meses de agosto e setembro sendo a presente tempada
2010/2011 a primeira que o Club Baloncesto Seis do Nadal
- Coia organice un Clinic de Baloncesto.
Os ponentes do I Clinic de Baloncesto do Club Baloncesto
Seis do Nadal - Coia que se celebrará o próximo sábado 28
de agosto do 2010 serán César Iglesias, Félix Muñoz e Quino
Salvo, os tres Adestradores Superiores de Baloncesto cunha
contrastada experiencia no deporte da canastra; así como
Pablo Sánchez, Preparador Físico do Seis do Nadal - Coia
e Licenciado en INEF.
O I Clinic de Baloncesto comezará as 10:00 horas no Colexio
Celso Emilio Ferreiro en Coia, hora na que se fará entrega
da documentación das formacións. A temática que se tratará
durante a xornada da mañá sera a "Construcción defensiva"
que será exposta en dúas charlas prácticas de máns de César
Iglesias e Félix Muñoz. Na xornada da tarde, os asistentes
poderán presenciar dúas ponencias, tamén prácticas, que
se centrarán en "Conceptos de ataque ante defensas zonais"
e "Novas tendencias no quecemento e na volta á calma en
formación", que serán tratadas por Quino Salvo e Pablo Sánchez
respectivamente.
Escola Galega de Adestradores A asistencia a este I Clinic
de Baloncesto do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia establece
un ano máis outro aliciente formativo con múltiples coñecementos
que se exporán sobre a pista. Así, a participación no mesmo
validarase como 6 horas de formación práctica para os alumnos
dos cursos de Nivel 1 e Nivel 2 da Escola Galega de Adestradores
de Baloncesto da Federación Galega de Baloncesto. Inscrición
O I Clinic de Baloncesto é unha actividade gratuíta e aberta
a tódolos adestradores interesados en asistir. Tódolos aqueles
técnicos interesados en formar parte desta actividade formativa
deberán enviar un correo electrónico co seu nome e apelidos
así como o clube ou entidade ao que pertencen ao seguinte
enderezo: baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com.
|