banner   p   banner
linea
linea
    Galicia iconotiempo España
noticiasvigo  
p confidencial
  CORUÑA   SANTIAGO   FERROL   LUGO   OURENSE   PONTEVEDRA VIGO  Envio de titulares   Agregar a favoritos   Recomienda esta Página
linea
  | Baiona | A Guarda | O Rosal   google callejero cine cine labolsa

O BNG denuncia que Ponteareas perde subvencións ao non presentar Solla as contas do 2010

 

noticiasgalicia.- O BNG de Ponteareas, a través da Concelleira Verónica Carrera, denunciou a perda de subvencións da Xunta de Galicia nos últimos tres meses pola incapacidade e a incompetencia do alcalde, Salvador G. Solla e a concelleira de facenda Belén Villar, para xestionar o concello de Ponteareas. Ponteareas non entregou antes da data límite do pasado 15 de outubro a Conta Xeral do 2010.

O incumprimento dos prazos ten graves consecuencias económicas pois agora os concellos non poden acudir a convocatorias de subvencións da Xunta mentres non formalicen a súa contabilidade diante do Consello de Contas. Verónica Carrera calificou de "lamentable e escandalosa a actuación da concelleira de Facenda Belén Villar, por non cumprir coas súas obrigas que é polo que percibe un salario con dedicación exclusiva".

Os nacionalistas consideran chamativo que "mentres Montoro e o PP en Madrid defenden que os políticos respondan penalmente pola súa mala xestión económica e por arruinar ás administracións, en Ponteareas haxa un alcalde e un goberno do PP, que día tras día causan perdas económicas ao Concello e o manteñen na bancarrota pola súa ineptitude e incompetencia.Esperamos que as medidas propostas por Montoro podan ser axiña aplicadas a Solla e Villar", ironiza Verónica Carrera. Os nacionalistas consideran vergonzoso a actuación da concelleira de Facenda, máis interesada na propaganda e no autobombo para xustificar o seu soldo, que en resolver a situación económica do Concello.

O BNG pedirá a Villar que dea conta dos prexuízos derivados deste incumprimento, das subvencións as que o concello non puido acudir e as que perigan por non render as contas a tempo antes de rematar os prazos das axudas.

 
 

 
síguenos también en Facebook
l
canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas
islasn
vinon
inmobiliarian
descubren
empleon
pueblosn
golfn
museosn
directorion
empresan
©Galicia en PáXinas S.L.
Todos los derechos reservados
.-E-mail: info@noticiasgalicia.com Optimizada para 1024 x 768 píxels.
Aviso legal  | Departamento Publicidad | Tarifas Publicidad