 |
noticiasgalicia.-
O alcalde de Vigo reiterou este martes a súa petición para
que se instale en Navia a Escola de Danza que a Xunta ten
previsto crear en Galicia. Deste xeito, indicou logo de
manter unha xuntanza co director da Escola de Arte Dramático,
Enrique Vieites, esta zona de Vigo podería converterse "no
embrión dun campus dos movemento cultural na Comunidade".
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, reiterou a súa petición
de que a Xunta constrúa en Vigo, concretamente, en Navia,
a Escola de Danza de Galicia. Logo dunha xuntanza co director
da Escola de Arte Dramático, Enrique Vieites, Caballero
avalou esta reclamación engadindo á esta infraestrutura
educativa, a existencia de auditorio así como a presenza
na cidade das tres grandes escolas de música, "o que sinala
Vigo, obxectivamente, como destiño óptimo desta futura Escola
de Danza".
Na súa opinión, este complemento convetería a cidade "nun
embrión dun campus do conxunto dos movementos culturais
de Galicia". Segundo explicou Vieites ao rexedor, esta reclamación
é, xunto coa posta en marcha dun auditorio, unha das infraestruturas
pendentes de acometer para rematar o proxecto inicial da
Escola de Arte Dramático.
|