 |
noticiasgalicia.-
O Concello de Salceda
ven de autorizar ás empresas Gas Natural e Gas Galicia SDG. o proxecto
de gaseoducto denominado ³Ramal MOP=16 bar Salceda de Caselas-Salvaterra
de Miño², que consiste na canalización cunha lonxitude de 8.430 m,
dende o punto de entrega e medida de gas natural conectado ao colector
Porriño-Tui situada nunha parcela municipal na Rega da Lama (Budiño),
cunha superficie de 90m2 que foi arrendada, segundo acordo plenario,
por parte do Concello a Gas Natural.
O investimento total do proxecto ascende a 1.443.583 ¤. O ramal a executar
ten comezo no colector Porriño-Tui sito no Alto do Cerquido e atravesará
os lugares de Rega da Lama, Becerreira, Barral e Eido Vello (San Estevo
de Budiño), Revolta e Pedrabuxiña (Parderrubias), Pedracarballa e Torrón
(Entenza), ata o límite municipal con Salvaterra onde terá continuidade
pola parroquia de Cabreira. A construcción deste ramal vai posibilitar,
a través dun punto de entrega previsto en Pedracarballa, do Proxecto
de distribución e suministro de gas natural á vila da Esfarrapada,
froito da resolución do 25 de Marzo do 2008 da Dirección Xeral de Industria,
Enerxía e Minas que otorgou a Gas Galicia a autorización da rede de
distribución de gas natural no termo municipal. Gas Galicia SDG xa
presentou o proxecto de distribución que será aprobado nas próximas
semanas para a súa execución nos vindeiros meses, co obxectivo de que
no ano 2013 o centro da vila conte con servizo de gas natural.
A rede de distribución polas rúas da vila suman 6.481 m cun orzamento
de execución de 266.033¤. Este proxecto conta coas autorizacións e
informes favorables da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas,
que aprobou o Proxecto de execución e recoñeceu a utilidade pública
deste gaseoducto de distribución de Gas Natural, da Secretaría Xeral
de Avaliación Ambiental que aprobou o estudo de impacto ambiental,
de ADIF no paso do PK ferroviario 144/100 da liña Monforte-Vigo, da
Deputación Provincial na zona de afectación da estrada provincial,
da Consellaría de Medio Ambiente (Cruce da estrada PO-411 en Revolta),
da Confederación Hidrográfica Miño-Sil pola zona de afectación de varios
regatos, e da Consellaría de Cultura e Patrimonio, polo que se impoñen
unha serie de condicións de estudo arqueolóxico previo polos elementos
protexidos por onde discorre (Castro de Eido Vello, Caldeiriñas e Carreiros).
O Concello obterá, a través de taxas e licencias, 33.341¤ de ingresos,
importante para ás arcas municipais neste periodo de crise económica.
Por outra banda as Comunidades de Montes de Entenza e Parderrubias
negociaron compensacións económicas polos tramos de monte comunal que
atravesarán as canalizacións . Fortunato Álvarez, Concelleiro de Vías
e Obras agradece "aos servizos técnicos municipais de urbanismo
polo intenso traballo, en coordinación cos técnicos de Gas Natural,
para levar a cabo a tramitación deste proxecto fundamental para o futuro
de Salceda e da comarca, xa que este gaseoducto vai a conectar tamén
á vila de Salvatera e o Porto Seco". Marcos Besada, Alcalde de
Salceda asegura que "grazas ao traballo e xestións realizadas
por parte do Goberno Municipal, Salceda vai a ter nos próximos meses
abastecemento de Gas Natural, que vai a dar a posibilidade de beneficiarse
a máis de 4.000 habitantes, con garantías de libre competencia na contratación
do distribuidor dunha fonte enerxética, como é o gas natural, que é
a enerxía que produce menos emisións dentro das denominadas enerxías
fósiles".
|