VIGO
El Tiempo

O Concello de Mos celebra a segunda edición do seu Torneo de Fútbol Sala Feminino o Día do Pai

noticiasgalicia.- O concelleiro de Deportes mosense, Alberto Méndez Lago, anunciou que o vindeiro venres, 19 de marzo e Día do Pai, terá lugar no Pavillón Óscar Pereiro a partir das 16.00 horas o II Torneo de Fútbol Sala Feminino Concello de Mos.

Ás 16.00 horas enfrontaranse os equipos da categoría Cadete, Concello de Mos e S.D. Navia (Vigo). Ás 17.00 horas disputarase a primeira semifinal entre o S.D. Navia (Vigo) e o Leis Pontevedra (Prata).

Ás 18.00 horas celebrarase a segunda semifinal durante a que xogarán os equipos Concello de Mos e Cidade das Burgas (Prata) (Ourense). A partir das 19.00 horas competirá a Selección de Mos contra a S.D. Pazos (Pazos de Borbén), ambas da categoría Benxamín Mixto.

Ás 19.50 horas dará comezo o partido no que se disputarán o terceiro e cuarto postos do torneo, e ás 20.30 horas emprezará a final. A entrega de trofeos realizarase das 21.30 horas en diante.


canal islas
atlánticas
canal vinos
canal inmobiliario
canal viajar
canal empleo
canal pueblos
canal golf
canal museos
canal directorio
canal empresas