|
noticiasgalicia.-
O departamento municipal de Benestar Social que dirixe a concelleira
Sara Cebreiro é un dos máis importantes do Concello de Mos por prestar
un servizo fundamental a nivel social. Así, sendo o orzamento municipal
para o 2012, que foi aprobado a finais do pasado ano, un presuposto
austero que implicou a reducción de varias partidas, este orzamento
contempla tamén un mantemento da partida de Benestar Social que ascende
a 531.482, 28 euros, entre cales algunhas subpartidas coma a de Axuda
no Fogar sí experimentaron un incremento respecto ós presupostos de
2011.
O programa de Axuda no Fogar está financiado polo Plan Concertado,
Administración Local e Usuario e se invertiron nel no ano 2011 un total
de 277.206 euros na atención a 45 usuarios. Na actualidade hai lista
de espera. Os servizos prestados polo departamento mosense de Benestar
Social configúranse como servizos de carácter integrador, o que os
constitúe na principal instancia do sistema para o desenvolvemento
de intervencións de carácter preventivo, de atención integral a persoas
e familias e de incorporación social e laboral.
Este departamento municipal coordínase mediante protocolos e sistemas
de derivación, información e colaboración cos servizos sociais especializados,
así como con outros servizos para o benestar que operen no mesmo territorio,
especialmente cos de saúde, educación, cultura, emprego, vivenda, migracións
co fin de favorecer unha intervención integral coas persoas. O equipo
de Benestar Social do Concello de Mos está composto por tres traballadoras
sociais, unha psicóloga social e un auxiliar administrativo. Atenden
con cita previa martes e venres, ocupando o resto dos dias para entrevistas
programadas, visitas a domicilio, xestións telefónicas e documentais,
planificación e coordinación con outros dispositivos. Os programas
básicos son o "Programa de Orientación, Asesoramento e Información"
no que tras o contancto inicial co usuario se pretende orientar o recurso
adecuado co fin de superar a situación problema , o "Programa
de Axuda no Fogar", o "Programa de Inserción Social"
co fin de procurar a integración dos grupos máis desfavorecidos, o
"Programa de Animación, Prevención e Cooperación Social"
co obxeto de facilitar a participación das persoas en tarefas colectivas
e o "Programa de Convivencia Alternativa² no que o Concello de
Mos leva a cavo a detección e análisis da necesidade, a xestión e seguemento
dos casos e das circunstancias que o motivaron e a promoción de recursos
para facer efectivo o aloxamento. Para poder cumplir coa anterior programación
se xestionan recursos sociais en moi diversos sectores entre eles o
da Dependencia e Promoción da autonomía persoal no que se tramita recoñecemento
de grado, acceso e seguemento dos recurso do catálogo de prestacións
autonómico, así como outros programas como o de Respiro Familiar, o
Programa de Axuda no Fogar, o Servizo de Transporte Adaptado 065, Xantar
na Casa, o Programa de Camas Articuladas do Concello de Mos no que
hai un total de 34 camas.
Na área da discapacidade xestiónase as prestacións socio-económicas
o acceso a centros de diferentes tipoloxias e numerosos programas,
co fin de promocionar a integración sociolaboral. O salario social
e as axudas de emerxencia social son unha ferramenta empregada para
promover a inserción social de sectores moi vulnerables. Respecto da
área de familia e infancia ademáis de intervir con menores en situación
de risco o Concello de Mos xestiona, entre outros, o Programa de Entrega
de Xoguetes de Reis, e Programa de Axudas para Adquisición de Material
Escolar. Tamén se informa sobre as posibles subvencións e bonificacións
por responsabilidades familiares así como do acceso a escolas infantis.
En canto á área de muller se realizan actividades encamiñadas á Promoción
da Igualdade entre Mulleres e Homes e prevención da violencia de xénero.
Se xestiona o acceso a centros, programas e recursos económicos co
fin de que os maiores garantan unha calidade de vida axeitada, así
como os informes de arraigo social e reagrupamento familiar para inmigrantes.
Por último, respecto do que se refire ó voluntariado, dicir que o Concello
de Mos está rexistrado como entidade de acción voluntaria, é dicir,
aquela que de xeito organizado e estable realiza programas específicos
en relación con actividades de interese xeral e incluídas dentro dos
sectores de actuación relacionados anteriormente, e principalmente
no eido da terceira idade e discapacidade.
|