Inseguridade
xurídica do PXOM.
Alternativa Veciñal
A XUNTA DE GALICIA XEROU UNHA SITUACIÓN DE INCERTIDUME
E MANIFESTA INSEGURIDADE XURÍDICA COA SÚA DECISIÓN DE APROBAR
O PXOM DE VIGO. ALTERNATIVA VECIÑAL ASEGURA QUE O PRONUNCIAMENTO
CARREXARÁ GRAVES CONSECUENCIAS PARA O FUTURO DE VIGO E OS
SEUS CIDADÁNS. "É UNHA DECISIÓN INXUSTA E INSOSTIBLE
DA XUNTA DE GALICIA".ORDE DO 16 DE MAIO DE 2008 SOBRE
APROBACIÓN DEFINITIVA DO PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL
DO CONCELLO DE VIGO (PONTEVEDRA).
Páxina 4.
A Dirección Xeral de Desenvolvemento Sostible da Consellería
de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, mediante resolución
do 10 de setembro de 2007, estableceu os requisitos que se
deberían cumprir para que se puidera declarar a inviabilidade
de someter ou PXOM de Vigo ao procedemento de avaliación ambiental
estratéxica (AAE).
Interpretemos: Dille a Consellería de Medio Ambiente ao Concello
de Vigo: vouche dicir o que tes que facer para que a avaliación
ambiental estratéxica do Plan sexa imposible (inviable). ¿Algún
xornalista independente o pode explicar? ¿Algún avogado ou
xurista independente? ¿Algún lingüista? ¿Algún cidadán?. A
Avaliación Ambiental Estratéxica ten que facerse de todo o
Plan. Porque, en caso contrario, ¿que acontecería se un número
elevado de ámbitos de desenvolvemento non pasan a Avaliación
Ambiental Estratéxica (AAE)?. Pois que serían insostibles,
non se desenvolverían ou se modificarían.
A consecuencia é que a aprobación parcial do Plan por Política
Territorial estaría en contradición cun número elevado de
ámbitos que deberían modificarse e polo tanto o que procedería
sería a denegación da aprobación definitiva.
É ilóxico e ilegal tomar unha decisión urbanística (aprobación
parcial) antes de avaliar ambientalmente o Plan. É absurdo.
A aprobación parcial do PXOM de Vigo é unha decisión ilóxica,
absurda e ilegal. Aboca aos cidadáns a gastarse o diñeiro
para recorrer aos tribunais. Permite dar licenzas que logo
serán declaradas ilegais, e autoriza a construír edificios
e torres que logo non quererán derrubar. É inmoral e demostra
a total falta de ética de quen tomou as decisións.
O partido Socialista, que enganou ao pobo de Vigo nas pasadas
eleccións municipais sobre o PXOM, non aprendeu nin aprenderá
sobre as consecuencias que traerá o urbanismo en Vigo, pasarán
á historia como responsables da desfeita do urbanismo na cidade,
a señora Villarino como responsable do PXOM do ano 93 e o
Sr. Caballero como responsable do 2007, sen esquecer a responsabilidade
da señora Caride (CPTOPT). ¡Non aprenderán nunca!
28/05/08
|
|
|
|
|